
Clika nel III Informe de Axuntar sobre a Lingua del Eo-Navia, as verdades dos últimos 40 anos de política lingüística.
Axuntar xa lougo cumple 3 anos de vida e nesta primeira fase houbo que mostrar os datos científicos que acreditan que en Asturias se fala galego.. Pero agora encaramos xa úa nova etapa basada en: sensibilizar aos asturianos/as da política real desenvolvida nestos últimos 40 anos centrada nun negacionismo terraplanista que remata sen dolo nel exterminio amable del galego que se fala en Asturias. Axuntar propoñe un volver a empezar desde el sentido común.
Este III informe une pasado e futuro. El futuro virá da defensa que en Europa se fai das linguas minoradas, de que a forza da razón vencerá a razón da forza e de que en Asturias eso significará aprobar políticas lingüisticas sensatas e non terraplanistas.
A mediados dos anos 70, coel franquismo a punto de retirada, nace en Uviéu Conceyu Bable, asociación autonomista de orixe universitaria que pretende, en primeira instancia, unha recuperación da cultura patrimonial asturiana centrada principalmente na dignificación dos bables e na súa actualización como lingua unitaria e de uso común. Esas falas asturianas eran consideradas desde vello como un dialecto del español, un amestáu reservado al uso doméstico local. Pero a idea de unificación nacía nun momento clave, ás portas da transición política española, e xoncida a unha nova visión de Asturias como terra con vida propia, apoiada nunha simboloxía amecedura de pelayismo, xovellanismo e tradición obreira, base pra inspirar posturas políticas rexionalistas ou nacionalistas que apenas van conseguir representación electoral pero que chegarán a ter certa influencia -máis ou menos indirecta- na sociedá democrática asturiana, en especial nel tarrén lingüístico. Todo un movemento político e cultural conocido lougo como el «Surdimientu».
(…)
Mutismo
Pero esa entusiasta actividá lingüística non abarcaba toda Asturias, cesando de golpe á altura del río Navia. Daquí á fronteira lucense, todo era silencio, nin a máis mínima referencia a lo que alí se falaba, como se ese rincón del poñente asturiano non existise ou tuvese deshabitado dafeito. Os nativos falaban, vaia se falaban: muito e ben, como sempre, de xeito despreocupado e ceibes de inquietudes lingüísticas. Ás xentes del resto de Asturias, condo poñían un pé nesa zona, sempre souperon que alí se falaba algo que, como mínimo, non era bable e, como máximo, era mui parecido al galego falado al outro lado del Eo. Dese mesmo parecer eran os falantes nativos, inda que, con unha Lingua minorizada, minoritaria e falada nun territorio que non ten nin nome, nin sabían el que falaban nin podían sabelo, por muito que lo intuían. Había que informalos clara e decididamente, pero fíxose lo contrario. Inda hoi, por desgracia, non lo tein nada claro a pesar de que os expertos xa levan manifestando, e de xeito unánime, máis de cen anos [1] qué falas son esas e a qué lingua corresponden.
Lee el documento completo xunto coas propostas presentadas por Axuntar ante a delegación del Comité de Expertos del Consello de Europa, na reunión celebrada en Madrid en xeneiro deste ano 2024.
(1) Vid. Informes I e II de Axuntar, en especial Informe I, p. 13-14)