Colleita de opiniois: Á atención de José Ángel Hevia

Por Santi SOMOZA

Carta al director:

Á atención de José Ángel Hevia

Santi Somoza Pardo publica este artigo en La Nueva España, el 8 de xullín de 2023, en resposta a outro artigo publicado tamén nese mismo xornal por José Ángel Hevia, el 29 de xuño:

 

Á ATENCIÓN DE JOSÉ ÁNGEL HEVIA

El veto proposto al uso del asturiano desde a recentemente estrenada Corporación Municipal de Xixón provocou as protestas de diferentes colectivos e individuos defensores desa lingua. Destos últimos, quero destacar aquí el artigo asinado por un representante destacado da cultura asturiana: el músico José Ángel Hevia (LNE, Opinión, 29 de xuño: “Adeus, Villa de Xixón”). El sou argumento, crítico, amplo e claro, vai al cerno del asunto. En termos xerales, non resulta difícil tar de acordo coel sou contido de fondo, pois a posta en práctica da prohibición anunciada sentaría todo un precedente perigoso, e non solo nel estrito tarrén lingüístico. Polo tanto, sen negar a maior en ningún caso, solo me quero centrar aquí en aclarar un aspecto implícito nel texto e que non afecta a lo esencial del mesmo.

Señor Hevia: dice vostede que en Asturias se falan tres linguas, isto é, el Español, el Asturianu e “a Fala Occidental”. Tres son, de acordo, pero cúa aclaración: non existe ningúa lingua con este último nome, todas as persoas del mundo falan úa fala, a que sexa (sería, entón, el asturianu a “Fala Oriental”?). É fácil supoer que usté se refire al galego, que eso é lo que falan os asturianos de acullú del Navia: el Galego de Asturias. Non é de estrañar, con todo, el sou equívoco, pois os responsables encargados del asunto, ilexítimos por outra banda, xa se encargaron dende sempre de provocar a confusión coel sou rosario continuado de falsos eufemismos pra ocultar el sou verdadeiro nome, esa palabra tabú. Claro que vostede insiste neso a continuación: “Independentemente de polítiques e oficialidaes, isto ye una realidá aceptada pola comunidá científica”. Correcto, índa que de independencia, nada: el Principado rendeuse vergonzosamente ás presiois da Academia e a súa contorna, que deberían permanecer alleos por definición á lingua vecía e, pola contra, negan de reiz e contra toda razón filolóxica a súa procedencia, el sou nome e el sou carácter, desfigurándola e apropiándola sen reparo algún.

 

 

 

 

 

E máis adiante, acertadamente, usté mesmo acaba resolvendo a cuestión: “a Fala Eo-Naviega ye una variante del dominiu llingüísticu gallegu e esti nun tá prohibíu nos escenarios playos”. Bingo! Deixando á marxe el nome, tamén inapropiado (índa que esto sería lo de menos se non fose el sou significado implícito na práctica) e bon exemplo da confusión terminolóxica citada, non creo que con todo el galego- asturiano quedase fóra del celo censor se a amenaza da concelleiría se chegase a consumar. Sexa como sexa, xa ta proscrito en orixe e asta nel sou propio ámbito. E non solo nos escenarios artísticos. Contan dun sabio que un día…

Nun dos sous últimos billetes, crítico tamén coa potencial veda xixonesa, don Pedro de Silva cualifica al que renega da súa propia lingua familiar cun adxectivo mui asturiano: “babayu”. Gustaríame saber cual escollería él, como bon asturianista que é, pra referirse aos ídem que maltratan a nosa lingua máis occidental del incualificable modo apuntado máis arriba.

E pecho coas súas propias palabras, don José Ángel: “Señores políticos, somos toos humanos. Rectifiquen a tempo”.

Muncha salú e qu´ansina seya.

Santi Somoza, xullo 2023

Artigo publicado como “Carta al Director” nel periódico La Nueva España.

https://mas.lne.es/cartasdeloslectores/carta/56053/atencion-jose-angel-hevia.html

Comparte

3 comentarios en “Colleita de opiniois: Á atención de José Ángel Hevia”

    1. Unha cousa é que lo que falamos entre el Eo y el Navia teña rasgos del tronco galego-portugués y outra ben distinta é que seña galego. Gústayes a todos muito escribir sobre lo que esto é ou deixa de ser y deberían escuitar col fin de entender as argumentacióis y os xeitos nos que unhos filólogos y outros estudian el tema; Al margen del debate, lo que falamos aquí, tamén comparte, como saben, moitos rasgos col asturleonés, además de ter rasgos propios que nun se dan en ningún dos dous casos. Sería bon que deixaran de dividirnos os falantes, que trabayemos nunha línea d’emparzao y qu’el esforzo que fain en dicir qu’ esto é ou deixa de ser, por máis que seña interesante e importante, penso que sería meyor que los fixeran por visibilizar, escuitar y conocer á xente da zona y a nosa lingua ainda máis y facelo extensible al resto de xente d’Asturias. Si nos perdemos noutras xeiras, entoncias facemosye pouco ben, na mía opinión, al fortalecemento de lo que nos importa a muita da xente d’aquí.

  1. Vou dar a mía opinión persoal. Non é que nos guste “tanto” escribir sobre lo que falamos nel Eo-Navia… é que non nos queda outra. Se non se cuestionase a verdá científica, demostrada tantas veces por filólogxs, dialectólogxs, hispanistas e demais autoridades académicas -que son as que tein a palabra final- non daríamos tantas voltas e reviravoltas. Pero sí, creo que teis razón. Como xa ta claro… pra qué seguir? Pois apliquémonos TODXS el conto, así poderemos dedicarnos a lo que de verdá importa.
    Haxa salú.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *