Carta de refuxio

Con esta preciosa carta, Marta Ledo Jardón (pseudónimo literario) fala da importancia das linguas, da súa lingua materna e el refuxio que lle proporcionou el sou conocemento, e tamén del abeiro que supuxeron as palabras que lle foron dadas al emprender úa vida nova, nun lugar novo nel que esas palabras tamén estaban.

Pra quen la queira escuitar na voz de Edita Nogueira Tallón… pinchade nel altavoz.

Este é el texto:

CARTA DE REFUXIO

Un día inesperadamente collín a maleta e marchei pra Galicia. Non me deu tempo a pensar muito. Condo me tumbei na cama  o primero día, tras a mudanza, venceume el sono antes de poder ter un pensamento propio. Pouco a pouco empezou a coller forma o que plasmo nestas lletras, algo señardosas e ás veces incapaces de describir o que pasa adentro.

            Sempre considerei que as llinguas eran chaves que abrían portas de diferentes culturas e formas de expresar o cotidiano e o extraordinario. Sígolo pensando, claro. Non vou deixar de lado que certas llinguas abren portas profesionales, mais eu nunca quixen darlle ese enfoque al meu aprendizaxe. Penso que non é xusto con as llinguas, que son muito máis que eso. Nesta intención de ser honesta con ellas baso cada minuto que dedico a aprender algo novo na llingua que sía. 

A cousa é que pasei de sentirme fóra de casa a non estar tan fóra. Pasei de sentir que a mía llingua materna quedaba coas cousas que deixara na casa a usalla como utensilio diario dotado dúa presencia e valor estraños nel meu día a día. Nunca dudei del valor que tía eso que pra min era algo que formaba parte de todo o que conocía, pero agora éche muito máis valioso aínda. As palabras non sólo son chaves que abren portas laborales ou que facilitan a comunicación trivial núa viaxe. As palabras son abeiros, refuxios, son calma e son casa. Cheguei, falei, sentinme afortunada e din as gracias por o que me foi dado.

              É algo ben guapo ter un abrigo nas palabras condo empezas úa etapa nova. Éche algo ben especial abrigarse núa llingua tantas veces maltratada, menospreciada, desterrada del sou orixen, queimada e infravalorada cada día.  Abrígome nas carqueixas, nos carballos, nos antroiros que son entroidos, nas cocías que son cociñas, nas tixellas que son tixolas. É algo ben guapo acougarse e calecer nesas palabras que anque cambien un pouco dun sito al outro, como  pasa con cualquer llingua viva, fain un llume de cultura e forma de vivir al que lle debemos el  poder  vello como o que é: úa sorte ben grande, úa trenca de lletras calente e xenerosa. Éche hasta lúdico ver esas diferencias e entendellas como riqueza da nosa llingua, divertíndonos con a forma tan peculiar ás veces nas que estas cambian pra os que non somos estudiosos dellas.

            Sou úa asturiana en Galicia, úa asturiana galegofalante, úa asturiana con sorte.  Úa asturiana que atopou un refuxio nas palabras que lle foron dadas de pequena e que agora renacen como un tesouro, máis valioso inda do que parecía. 

Comparte

2 comentarios en “Carta de refuxio”

  1. As fronteiras son raias provisionales nun papel, van e vein. Non digo que non sean necesarias, mais necen de acordos, non sempre amigables, entre as elites dominantes dun lado e do outro. As linguas son códigos que nacen do pobo e que tein un significado muito máis fondo ca o das fronteiras.

    1. El idioma une desde tempos inmemoriales a túa querida Navia de Suarna, a dos Ancares, e a Navia del Cantábrico. Que sabe el río de fronteiras? A ambos lados da raia decimos “chuchos” e con ellos mostramos a alegría dos nosos corazois. Un abrazo que abre portas e pontes. Esta é a túa casa, Toño.

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *