A palabra de agosto: bidureira

Bidureira. s. f. Betula. Árbore da familia das betuláceas, que se caracteriza por ter un tronco de cortiza mui branca, e pardo verdeal ou tirando a vermella condo son exemplares vellos. As follas son romboidales, agudas e cos bordos serrados. De madeira branca e medianamente dura, usada pra fer apeiros de labranza, zocos, eixes, galochas…

Bidulía. s. f. Bidureira pequena.

Ten muitos nomes na nosa zona: bidueiro, bidueira (El Franco, Vilanova de Ozcos); bidul (Pezós, Eilao, Allande); biduleira (Eilao); bidureira (Boal, Tapia de Casarego, El Franco, Coaña, Eilao, Villaión); bidureiro (El Franco); biduro (Castropol, Tapia de Casarego, El Franco). Na Península Ibérica recibe os nomes de: bedul (León e Asturias), bedoll (Cataluña), bétula (Portugal), albar (Pirineo de Huesca), bedut (Arán), biezo (Gredos e Rioja), urkia (Euzkadi)…

As dúas especies máis importantes en España e Europa son: Betula alba (=Betula pubescens) e Betula pendula.
Betula alba ten un porte cónico ou piramidal, e un tronco corto e pouco ramificado. As follas son pequenas ou medianas, tein formas romboidales ou ovaladas mentras Betula pendula, sole ser maior que Betula alba, a súa copa tende a ser redondeada e irregular, e as súas ramas solen ser colgantes.

Etimoloxía: Según a teoría máis aceptada, el sou nome procedería del latín BETULLA que á súa vez procedería da palabra betu que era como os celtas designaban á bidureira. Sin embargo, antes da aparición del papel, a cortiza da bidureira usábase pra escribir sobre ela, por lo que hai quen pensa que el sou nome se deriva del sánscrito bhurga, “árbol en cuxa cortiza se escribe”. Outros opinan quue procede de batuere, ‘batir’, por el uso que daban os pastores aos palos que construían coas súas ramas ou, dada a flexibilidá e dureza das ramías da bidureira, a súa utilización como instrumento de flaxelación; noutros tempos os profesores utilizábanlas pra impuer dura disciplina nas aulas.

Propiedades: Mediante a destilación da súa cortiza obtense úa brea que se usa prá elaboración de pomadas prás enfermedades da pel. Coas súas follas elabóranse infusiois con propiedades diuréticas. A bidureira ten numerosas propiedades curativas. Coas súas follas, cortiza e savia prepáranse cápsulas, té e xarabes, que sirven prá cistitis e a artrosis, entre outras dolencias.

Nel cancioneiro popular galego faise referencia a este árbol:

Miña nai quere unhas zocas, branquiñas de abidueira, mándemas vir de Vilalba, daquelas que hai de chinela”.

Que branca é a abidueira! Cara ó ceo anda a soñar! Feita zoca, anque non queira, moita lama há de tripar!”.

Meu Santo San Fins do Castro,
que lles dás aos teus romeiros?
Auga da túa fontiña,
sombra dos teus bidueiros.

Usos: A súa casca, que contén taninos, usábase prá industria de curtidos e pra teñir texidos; tamén pra obter un aceite repelente de mosquitos. Cocida usábase pra fer gárgaras contra a farinxitis e como astrinxente. Hoxe en día úsase pra fer juguetes palos de escobas e outras ferramentas. As follas poseen propiedades analxésicas, así que despós de úa búa caminata, en contacto directo coa planta del pé, relaxan e alivian os dolores. Tamén sirven pra el lumbago e a ciática aplicado como emplastos frescos ou bolsas de follas calentadas sobre as zonas afectadas.

Peine de bidureira Brazalete Pendentes

Curiosidades:

-É a árbore nacional de Finlandia.

-A savia posee úa porcentaxe elevada de azúcares, coa que se producen bebidas de fermentación (viño ou cervexa) mui apreciadas nel Norte de Europa, pudéndose obter asta 200 litros dun sólo árbol nun ano.

Aquí un precioso Poema del noruego Hans Børli: 

Distancia

Me encuentro aquí mirando al cielo

un anochecer de primavera bajo el canto de una perdiz.

Misterio! La estrella más grande

es solo una pequeña pequeña cosa

que una hoja de abedul puede tapar.

- - -

Distancia, distancia es lo

que hace llevadera la eternidad.

Qué bueno que se cubra algo tan grande

con lo pequeño y más cercano ... 
Comparte

1 comentario en “A palabra de agosto: bidureira”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *