Variantes dialectales

Que diferencias hai entre el galego de Asturias e el galego das Rías Baixas? E entre el galego de Vigo e el de Fisterra? Ou entre el de Mondoñedo e el de Viana do Bolo?

Todas as linguas tein variantes dialectales, tamén conocidas como xeográficas ou diatópicas. E entre todas elas hai diferencias e semellanzas, hai soluciois comuis e diverxentes… pero eso non implica a incomunicación, nin el pensar que se trate de linguas diferentes.

Ademais todas as variantes locales del galego son úa riqueza que debemos conservar. Inda que non se recollan na escrita ou na variedade Estándar, hai que recuperalas e mantelas na lingua falada. Cadaquén pode falar de acordo coas características dialectales da súa zona e tar orgulloso delas (mesmo hai autores que as recollen na creación literaria…).

Inda habendo úa gran unidade na lingua galega, os dialectólogos reconocen tres grandes bloques dialectales dentro dela:

Laura Tato, nel artigo «AS VARIEDADES DIALECTAIS E O ESTÁNDAR», afirma:

Sen entrarmos na complexa definición de dialecto, nun estudio sincrónico poderiamos entender que para falar de «dialecto» deben coincidir nunha mesma área xeográfica unha serie de fenómenos lingüísticos que conformen a súa fala peculiar, de tal maneira que nunha representación gráfica das isoglosas, estas se deseñen como feixes de liñas máis ou menos paralelas. Porén, as isoglosas dos fenómenos que caracterizan as diversas falas galegas debuxan unha tea de araña que cruza Galiza en todas as direccións, conformando variedades dialectais, non dialectos propiamente ditos. Dentro destas variedades distínguense tres grandes bloques: Occidental, Central e Oriental.
De todos os xeitos, nin sequera eses bloques son totalmente uniformes, xa que Francisco Fernández Rei, unha vez clasificados os materiais recollidos para o Atlas Lingüístico de Galicia, distingue once áreas subdivididas en vinte subáreas que, á súa vez, inclúen no seu ámbito xeográfico
vinte e seis microsubáreas.

 Mapa de Xano Cebreiro

Tendo en conta todo lo anterior, fixaivos cómo se distribúen algúas das soluciois fonéticas, morfolóxicas e léxicas da lingua galega por el territorio galegofalante:

SESEO (implosivo -zona rosa-, explosivo -zona granate-) / NON SESEO (zona azul). Seseo: fenómeno fonético que consiste en pronunciar como s el sonido c ou z. El seseo implosivo é el que se produce en final de palabra : lus (por luz). El seseo explosivo é el total, dáse en inicio, medio e en final de palabra: sapato, (por zapato) / corasón (por corazón) / des (por dez).

A zona da lingua galega na que se usa un único verbo (mirar) (zona vermella) pra ver e mirar: mireite na rúa (por vinte na rúa).

A P2 dos pronomes persoais tónicos de suxeito divide a galegofonía: Tu (zona azul clara) é a forma máis estendida.

A P3 del Pretérito Perfecto dos verbos da terceira conxugación (verbos rematados en -IR) ten dúas soluciois: -eu e -iu (esta é a forma máis estendida e a Estándar -zona azul escura-).

A P3 del Pretérito Perfecto dos verbos da segunda conxugación (verbos rematados en -ER) ten dúas soluciois: iu e -eu (esta é a forma máis estendida e a Estándar -zona azul escura-).

Os resultados del latín -ULT son diversos. Nel Eo-Navia danse as soluciois: muito (coincidente coas zonas máis occidentales como a fisterrá e a tudense, en vermello) e mutio.

A solución del sufixo latino femenino -ANAM son dúas: -án e (esta última, en azul nel mapa, é a máis común).

A solución Estándar, normativa, dos sufixos latinos -ANUM (masculino) e -ANAM (femenino) é: irmán (masculino) e irmá (femenino). Pero hai variedade de formas dialectales (Paco Fernández Rei distingue asta oito!). As máis estendidas son:

1. Solución en –án tanto para masculino como para feminino: meu irmán, miña irmán. Bloque occidental (azul escuro).

2. Soluciois diferenciadas pra masculino e femenino: –ao/á, irmao/irmá, Bloques central e oriental (azul claro).

Pra el Estándar colléronse as formas irmán (del B. Occidental) e irmá (dos bloques central e oriental).

A gheada é úa solución fonética del consonantismo galego que consiste en pronunciar como aspirada a consoante oclusiva velar sonora /g/ (ghato por gato -eepreséntase na escrita con gh-). Dáse en gran parte del territorio galegofalante (parte del Bloque central e en todo el Occidental, color verde). É un fenómeno mui característico da lingua galega (só existente nalgúa parte de Italia), que hai que conservar e que ta en retroceso porque foi considerado «vulgar».

El neutro del pronome demostrativo adopta dúas formas: esto e isto (a pesar de ser a menos estendida, a forma isto é a Estándar -en azul-).

A terceira persoa del pronome persoal tónico adopta dúas variantes: il (na maior parte de Ourense e en parte da de Lugo -en verde-) e el, nel resto del territorio.

El resultado del grupo consonántico latino -QW-, con conservación da consoante latina WAU en todo el oriente e parte del bloque central: cuatro / frente a catro (coa perda do WAU -en amarelo-).

Nos usos del pronome persoal átono de segunda persoa hai tres posibilidades:

  1. Te (OD) e che (OI). Esta é a solución máis estendida e a Estándar.
  2. Solo che (área cheísta: Fisterra -en verde-)
  3. Solo te (área teísta: Tui, Ancares e úa pequena zona zamorana -en amarelo-)

A solución da quinta persoa (ou segunda del plural) del presente de indicativo dos verbos da primeira conxugación (verbos rematados en -AR) ofrece cuatro posibilidades dialectales. Nel noso territorio e en parte del bloque central: cantais.

A cuarta persoa (ou primeira del plural) del imperfecto de indicativo dos verbos da Primeira conxugación (verbos rematados en -AR) é grave ou esdrúxula dependendo del territorio. El Estándar é a forma grave (cantabamos) -en azul-.

Plural das palabras rematadas en -n: camións, camiós, camiois. Tres soluciois: -ns, bloque occidental; -s, bloque central; -is, con desaparición del -n, bloque oriental. Esta isoglosa é mui importante porque é a liña imaxinaria que separa os tres bloques da lingua galega.

OS POSESIVOS. Pra elos hai dous paradigmas nel galego:

MEU, TEU, SEU (e plurais), a forma Estándar, normativa, a máis estendida.

MEU, TOU, SOU (e plurais), nel galego de Asturias e tamén na zona fisterrá (inda que nesta área a forma da Primeira persoa é MOU). Estas variantes son as máis etimolóxicas pois resultan directamente del latín (MEUM, TUUM, SUUM).

Aquí muita máis información sobre as áreas dialectales del galego.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.