A palabra de maio: meiz

Dicionario de Varela Aenlle:

MEIZ: V. millo 1ª acep. // Meiz de alcacel. Millo utilizado como forraxe para o gando e que se planta moi xunto. // Meiz de cuña grande. Variedade de millo de tamaño pequeno con espiga longa (Tapia de Casarego). // Meiz de cuña pequeno. Variedade de millo con espiga delgada (Tapia de Casarego). // Meiz de gado. Millo sementado a presadas e para cortar en verde (El Franco). // Meiz de leirón. Millo de mala calidade que se sementa moi espeso para forraxe verde. // Meiz de nabal. Millo que se dá nun ano nunha leira. // Meiz de seco. Variedade de millo que se deixaba secar e despois se esfollaba. // Meiz palancón. Variedade de millo con espiga grande. // Meiz pallelín (pallalín, de pallal). Variedade de millo que se utiliza como forraxe, que se sementa despois da colleita dos cereais e ten o gran branco. // Meiz sorodo. Meiz pallelín. meíz. V. millo 1ª acep. (Castropol).

meíz. V. millo 1ª acep. (Castropol).

millo. s. m. Planta herbácea, anual, da familia das gramíneas, de talo erecto e groso, de altura variable entre 0,60 a tres metros, con raíces profundas e abundantes. As follas son lanceoladas, con nervio central moi manifesto, con tamaño e color dependendo da variedade e as condicións ambientais. As flores son unisexuais, estando as femininas agrupadas nunha espiga envolta nunha especie de vaíña da que saen unha especie de pelos e os grans son amarelos ou vermellos. É un dos cereais máis cultivados polo seu aprecio como alimento humano e para o gando, procedendo de América e sendo o Eo Navia (Tapia de Casarego) un dos primeiros focos de cultivo na Península Ibérica (Zea mais), (Taramundi, Boal, A Veiga, Eilao, Castropol, Villaión).

Curiosidades del meiz/millo:

El meiz corvo, úa variante coa característica de ser negro, destaca non solo polo sou intenso color morado, sinón tamén polos sous beneficios prá salude. Este meiz tan peculiar debe a súa tonalidade á abundancia de antocianinas, us pigmentos naturales que tamén funcionan como potentes antioxidantes. Nel Eo-Navia ese meiz parece que non se comía pero sí que se usaba polo sou valor medicinal. Tía propiedades que axudaban a previr enfermedades carviovasculares, fortalecer el sistema inmunolóxico e reducir os efectos del envellecemento celular.

En Eilao el meiz serodo que se semaba nas terras onde se acababa de segar el centén chamábase «CHICULO«. E en Zadamoño, ese mesmo meiz chamábase «MEIZ PALLALÍN«.

-El meiz, orixinario de América, chegou coel nome de «maíz» (adaptación de mahís). Pero este nome non arraigou en Galicia e comenzou a chamarse coel mismo nome que el cereal al que acabaría sustituíndo: el «mijo» (millo, en galego). E pra distinguir un del outro, el vello recibiu diversos nomes como paínzomillo miúdomillo dos paxaros

-Nel noso occidente quedan topónimos que nos falan de sitos unde había muito meiz/millo/paínzo, como El Millo (nel Franco), Os Milleiros (El Franco), A Milleira (A Veiga), Millarego (Pezós), A Peicieira (El Franco), A Paicega (Pezós), Peizais e Millarado (Santalla de Ozcos)…

-Cóntase na web «Herbas e florías» que  na parroquia allandesa de Llago aos vecíos de Ponticella (Villaión) e aos de Castrillón (Boal) inda lles chaman «milleiros-as», quizais porque seguiron labrando ese cereal muito tempo.

-A esfolla (acción de desfollar) era úa verdadeira festa na aldea, na que el grupo de parentes e vecíos reunidos se dedicaba, entre bromas, a quitarlle as follas ás espigas. Ían separando as espigas marelas das brancas, e condo daquén atopaba úa de color morada (chamada «espiga reina” ou “espiga rei”) quedaba como el rei da festa mentras que daquén non atopase outra.

-Haberá que esperar asta el s. XIII pra atopar a primeira representación gráfica dun hórreo, concretamente nas Cantigas de Santa María, atribuidas a Alfonso X el Sabio. A cantiga que leva el número CLXXXVI ta adornada con úa miniatura (lámina 203, miniatura 1.262) que representa dous hórreos góticos con porta en arco de ferradura na parede lateral, e a lenda del milagro da Virxen:

Como huos monges non avían que comer a rogaron Sancta María que os acorresse.
Como os monges s’acharon outro día os orrios cheos de muy boo trigo.
Como os monges ouveron depois gran pobreza e rogaron Sancta María que os acorrés.

Frases feitas:

Por San Antonio, el meiz cubre al corvo, i por San Xuan al can. Refrán que alude ao crecemento do millo neses meses.

Por San Isidro, meiz nacido. Refrán agrícola (Villaión).

Por San Xuan, el meiz cubre al can.

Relacionados coel cultivo del meiz hai tres tipos de construciois nel Eo-Navia: graneiros (cabazos, horros e paneiras), molíos e fornos.

1. Nel dicionario de Varela Aenlle os tipos de graneiros defínense así:

Horrio. V. horro (Tamagordas, Illaso, Allande). Obs. Noutras áreas como Abres trátase dun castelanismo por cabazo. Horro. s. m. Graneiro de tipo asturiano, de planta cuadrangular, formado por unha cámara de pezas de madeira encaixadas, con cuberta piramidal de lousa, vexetal ou mixta, e sustentado normalmente por catro pés rematados con rateiras. Esténdese pola maior parte do Eo-Navia, quitado os concellos de Castropol, Santiso de Abres, Tapia de Casarego e A Veiga, sendo escaso en El Franco; en Ibias é a única tipoloxía de graneiro existente. Os de cuberta vexetal aparecen hoxe en día nos concellos de Ibias, Grandas de Salime, Santalla de Ozcos, Vilanova de Ozcos e San Martín de Ozcos. Destacan polas súas tallas na madeira os dos concellos de Ibias e Allande. Nalgúns puntos teñen características dos cabazos con presenza de doelas (táboas delgadas en posición vertical que cobren os corredores de cabazos ou hórreos, ou partes doutras construcións como os pallares) como nos concellos de Boal ou Taramundi. A súa función é gardar moitos dos produtos agrícolas e da matanza do cocho.

Cabazo. s. m. Hórreo galego de planta rectangular construído con pedras ou madeira e cuberta de lousa a catro augas (excepcionalmente hainos de dúas). No Eo-Navia existen dous tipos: o mariñao oriental, caracterizado por ter un corpo enteiramente de pedra, con pequenas seteiras (respiros) na cámara principal, sendo de dous pisos ou tres, dependendo dos diferentes usos do espazo; e o mariñao central, formado por dous muros de cachotería de pedra e cámara enteiramente de madeira, con pequenas táboas denominadas doelas, e ás veces con corredor. Unha variación dáse nos concellos de Castropol, Taramundi, Santiso de Abres, Tapia de Casarego, Villaión e Navia con cabazos de cámara de madeira sen muros laterais. En varias zonas dos concellos de Castropol, A Veiga, Eilao, Boal etc., presentan unha maior amplitude na planta. Tamén algúns exemplares presentan unha cámara dobre, como en Salave, Meredo, Vilasebil, Outeiro (Tapia de Casarego) etc. O cabazo espállase no Eo-Navia máis cara á zona costeira, sendo excepcional nalgúns concellos do interior (Allande, Grandas de Salime, Santalla de Ozcos, Vilanova de Ozcos e Negueira de Muñiz) e inexistente nos de Ibias e San Martín de Ozcos. Non obstante, tamén se espalla ao Concello de Valdés. As tipoloxías máis recentes están feitas con ladrillo e cemento. Cronoloxicamente parece ser que se estenderon nos séculos XVIII e XIX; cabozo. 2. Corpo lateral con doelas onde se pon a secar o millo, de fronte triangular e pegado aos hórreos ou paneras (Allande, Eilao). 3. Sistema con táboas de madeira moi estreitas dispostas verticalmente e separadas entre si uns centímetros para pechar os corredores ou as portas secundarias dunha panera (Allande, Villaión).//Cabazo probe. Denominación que se lle dá tamén ao cabazo tipo mariñao central (Allande).

Paneira. s. f. Graneiro de planta rectangular, coas características dun hórreo asturiano pero cun tamaño maior, sustentado por máis de catro pés e con dous vértices no lousado. 2. Parte inferior do cabazo, que está pechada con pedra e que se usa para gardar os apeiros de labranza. Obs. A palabra “panera” trátase dun castelanismo ou asturianismo.

Localizaciois dos graneiros nel Eo-Navia (foto de «Mapa guía. Tierra del maíz», Parque histórico del Navia.

Fontes Cavadas (Fotos de Begoña Martín).

Prelo (Foto de Begoña Martín).

El Villar de Bullaso (Foto de Begoña Martín).

Miñagón (Foto de Marta Méndez).

2. Molíos: son inxenios hidráulicos pra moler os cereales: Poden ser molíos de río e molíos de marea.

Molín en Roxíos (Fotos de Quique Roxíos)

Molín de marea, nas Acías (entre A Lieira e As Figueiras).

Esto é lo que dice a web del Concello de Castropol:

“Molino de mareas de Las Aceas (As Acías) en Barres. En una ensenada en la Ría del Eo entre La Linera y Figueras, se encuentran los restos de un molino de mareas que fue construido en 1747 por la Casa de los Pardo de Donlebún y que dejó de funcionar en 1914. Se le denominó de San Juan Bautista por haberse inaugurado el 24 de junio. En el catastro del Marqués de la Ensenada de 1752, se dice que tenía “cuatro muelas, que solo tres muelen de represa con la creciente del mar. El molino está formado por una presa con una compuerta, hoy casi derruida, que cierra la ensenada y un edificio situado en el extremo donde se encontraba el molino, edificio rectangular, de planta bajo cubierta a dos aguas. Junto a este edificio había otro más pequeño donde se guardaban las caballerías que luego transportaban el grano. A ambos lados del molino de mareas se encuentran dos pequeñas calas de piedra.”

Fotografías de Alonso Robisco.

3. Fornos: Feitos de pedra, solen tar anexos a bodegas e ás casas.

Forno en Roxíos (Foto de Quique Roxíos).

Relacionado coel meiz temos un costume del noso Patrimonio cultural: el esfollón, que Varela Aenlle define así nel sou dicionario:

Esfollón. s. m. (pl. esfollois). Reunión de xente para esfollar as mazarocas do millo, deixando algunhas espigas para
enrestralas e colgalas despois no hórreo, cabazo ou corredor da casa. Nesta xuntanza, que se realizaba entre setembre e novembre, aproveitábase para contar contos, facer bromas, bailar, xogar, cortexar etc.

En muitos lugares de Galicia estase a recuperar a esfollada do millo:

Esfollón en Narón (Ferrolterra).

Adolfo García Martínez nel sou libro La casa tradicional de San Martín de Ozcos comenta que el meiz era un produto básico da casa tradicional e un ingrediente importante da dieta familiar durante muitos meses en forma, sobre todo, de papas. Tamén era un alimento importante, dícenos, «para cerdos, gallinas y vacas». E amece a seguinte información que, inda que el libro ta escrito en castelán, ofrece muito léxico relacionado coel meiz, ademais de datos mui interesantes sobre a cultura alredor del meiz nel noso territorio:

«Durante el creciente de la luna de mayo se sembraba el maíz. Esta tarea se hacía con el ararado de pao, tirado por una pareja de vacas. El hombre labraba, un niño iba delante de la yunta y la mujer botaba el maíz al rego (echaba el grano en el surco). En junio hombres y mujeres sachaban las plantas; en julio se arrendaba con un arado especial o salladora, guiado por un hombre y tirado por una vaca o ua bestia (un burro, caballo o macho) conducida por un niño. En octubre se segaba con os fouzos (hoz de mano) y se ponía en murias (montones cónicos). A continuación se escanaba as espigas (se cogían las mazorcas) y se llevaban para casa en el carro y a palloza (la caña) quedaba en la tierra como abono. Cuando ya toda la cosecha estaba en casa se procedía al esfolio (deshojar las mazorcas y ponerlas en riestras para secarlas). Cuando una casa decidía hacer el esfolio lo comunicaba por el concejo de modo que se enterase la gente y no coincidiese, a su vez, con el de otra casa. Os esfolios empezaban siempre al anochecer y se prolongaban hasta casi la madrugada. Asistían personas de todo el concejo, principalmente jóvenes de ambos sexos. (…) La casa que organizaba los esfolios ponía a disposición de los participantes bebida, frutos secos y sobre todo el escenario festivo por lo que, más que relacionar casas, facilitaba la relación entre las personas y sobre todo entre los jóvenes. El trabajo no era difícil y el ambiente era totalmente festivo. Unos esfollaban (deshojaban las mazorcas, dejándoles solo algunas hojas resistentes y elásticas) y otros hacían as restras (ristras) trenzándolas con paja de centeno. Las restras se colgaban a secar y se iba gastando de ellas. Los esfolios duraban alrededor de un mes«.

En San Tirso de Abres celébranse desde hai anos as «Esfollas do millo» e ese día represéntase a colleita del meiz con todos os pasos: Amedeirar, Escanar, Esfollar, Enrestrar, Debullar, Moer, Facer un sergón con folla, Amasar prás pitas, Facer unha cabaña de capela, Cociñar con fariña de maíz.

E tamén se fain esfollas noutros lugares da Península Ibérica, por exemplo en Guimarães (Portugal):

Rematamos a entrada cun texto de Rosa Cortizo:

UN GRANEIRO SIN CLAVOS

A casía que me gusta a min fixéronla con muitas patas, é rectangular e as súas patías chámanse «pegollos». Estos, aparte de mantella allonxada das humedades, a súa misión é que os ratos e as alimañas non podan entrar, porque dentro se colga el meiz, guárdase trigo, centén…

Al final desas patas colócase úa pedra grande e redonda que ten a misión de que os ratos e bichos nun podan entrar.

Pero xa sabemos que os ratos brincan como demos os condenados e comen lo que queren.

A mín gústanme esas casías que hai nel llugar máis guapo del mundo e condo as ves dícenche unde tas. Eso, seguro.

Chamánse paneiras ou cabazos esas construciois norteñas que, a diferencia del hórreo gallego, tein 4 patas… como os ratos.

Rosa Cortizo Alonso

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.