Pra celebrar este día del libro 2025, aquí che deixamos:
As mellores páxinas web pra descargar de balde libros en galego e en portugués nos formatos máis populares (TXT, PDF, DOX, ePub, MOBI, etc.) e que así podas mergullarte na literatura galega e tamén na portuguesa desde el tou móbil, ordenador, tablet…
- Descargar libros de balde en galego:
- Galicia Le trátase dunha plataforma de préstamo de obras en formato electrónico das bibliotecas públicas galegas. Soamente precisas ser socio/a para acceder ao seu amplo catálogo.
- A Bivir recolle obras en formato PDF da literatura universal libres de dereitos traducidas ao galego pola Asociación de Tradutores Galegos.
- epubgalego é unha iniciativa que trata de recoller nun único sitio web os libros electrónicos en formato ePUB escritos en galego.
- A Biblioteca Virtual da Real Academia Galega contén unha pequena compilación de obras clásicas galegas de autores como Rosalía de Castro, Luís Amado Carballo e Manuel Curros Enríquez, entre outros.
- Galiciana integra, ademais de fondos propios da Biblioteca de Galicia, obras dixitalizadas en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela, o Museo do Pobo Galego, a Fundación Penzol de Vigo, a Real Academia Galega, o Seminario de Mondoñedo ou a Biblioteca de Estudos Locais da Coruña.
- poesiagalega.org é unha base de datos e un repositorio dixital sobre a poesía galega dos séculos XIX, XX e XXI. Pódese acceder en formato PDF a algunhas obras completas e a diversas publicacións.
- Universo cantigas trátase dunha edición crítica da poesía medieval galego-portuguesa que ten como obxectivo realizar a edición crítica dixital dos textos da lírica profana, continuando o traballo iniciado co Glosario da poesía medieval profana galego-portuguesa.
- A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega ofrece as súas publicacións e algúns libros en PDF.
- O Galegobook é un proxecto sen ánimo de lucro que pretende ser un espazo onde publicar, compartir e conversar sobre un grande número de libros electrónicos que circulan pola rede sobre o galego (lingua, gramática, fonética, Sociolingüística, manuais, terminoloxía…).
- Bubok trátase dunha páxina de autopublicación onde se poden encontrar ebooks en galego gratis.
- Son de Poetas é un blog que recoller unha antoloxía de poesía galega musicada, desde a época medieval até a actualidade.
- Descargar libros de balde en portugués:
- Dominio Público (Brasil):
- Biblioteca Digital Camões (Portugal)
- Biblioteca Nacional Digital (Brasil)
- Biblioteca Digital da Biblioteca Nacional de Portugal
- Free-eBooks.net Português
Se ques ler en catalán, aquí tes un pdf de El principín, un libro pra lectores principiantes nesa lingua.

Se ques ler en euskera… aquí podes entrar nel marabilloso mundo de Alicia.

Biblioteca abierta, libros en castelán:

Biblioteca Abierta é un catálogo de biblioteca aberto e editable, orientado a ter úa páxina web por cada libro publicado.
Al igual que na Wikipedia, podes contribuír al catálogo con nova información ou con correcciois.
Podes explorar por temas, autores ou listas que os membros crearon.
Se adoras os libros, por que non axudar a construír úa biblioteca?

El 23 de abril: un libro e úa flor…
