Somos vulnerables. I Congreso Internacional VulneRom: vulnerabilidades sociolingüísticas nel espacio Romance.

ESTE É EL PROGRAMA COMPLETO

CONGRESO INTERNACIONAL «VULNEROM» NA UNIVERSADE DE UVIÉU

Os días 19 e 20 de xunio celébrase, na UniOvi, el «I Congreso Internacional VulneRom: vulnerabilidaes sociolingüísticas nel espacio Romance». A entrada é libre pra todo el que quera asistir.

Nas comunicaciois falarase da situación das linguas románicas, incluídos os casos del asturiano e del galego. Varios ponentes explicarán el caso del galego en Asturias. Tamén se explicará el traballo de Axuntar.como exemplo del esforzo e da importacia histórica dos movimentos asociativos na reivindicación dos deretos lingüísticos.

El congreso celébrase nel Salón de Actos del Edificio Alministrativo del Campus del Milán (Uviéu), unde ta a Facultade de Filosofía e Letras.

Organíza a Universidade de Uviéu, el Departamentu de Filoloxía Clásica e Románica xunto á Université de Montpellier Paul-Valéry. Collaboran tamén el Seminario de Filoloxía Asturiana, l’Institut Occitan de Cultura, a Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deporte, e a Sociedade Española de Filoloxía Románica.

El congreso ten 45 sesiois. Sobre el galego de Asturias -ou sobre el galego en Galicia ou nel Val de Xálima (Extremadura)- serán as seguintes ponencias:

Alberte Facal Malvar e Xosé Henrique Costas González (Universidade de Vigo): «Situación Sociolingüística do galego-asturiano na comarca do Eo-Navia: percepcións e actitudes da poboación».

Natalia Jardón Pérez e Xosé Henrique Costas González (Universitat Autònoma de Barcelona y Central European University / Universidade de Vigo): «A lingua máis vulnerable de Asturias: el galego del EoNavia».

Enrique González Álvarez e Natalia Jardón Pérez (Axuntar, Asociación prá normalización del galego de Asturias / Universitat Autònoma de Barcelona y Central European University): «Iniciativas da asociación Axuntar en defensa da Asturias galegofalante».

Lucas Vega Villabrille (Universidá d’Uviéu): «Consideraciones en torno al gallego-asturiano desde su literatura».

Pablo Trabadelo Vilabrille (Estudiante UNED): «Creencias lingüísticas y competencia metalingüística en adolescentes de Oscos-Eo: acercamiento crítico a la doble diglosia del gallego en Asturias».

As comunicaciois sobre el asturiano, el aragonés, el occitano… son tamén de gran interese pois permiten tratar asuntos que preocupan e vein al caso de cualquera outra lingua vulnerable.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.