Colleita de opiniois: Momentos históricos

Por Moisés Cima fernández

Momentos históricos

Ás veces un pode chegar a quedar abrumado pola cantidá de momentos históricos que deixa de vivir. Se en Madrid chegaba el Goberno máis progresista da Historia, tal cual fose chegar a revolución social, en Uviéu topábamonos coel Goberno máis asturianista da Historia. Asina el presidente que instauraba (aínda que nunca pasou pola Xunta) un Día da Bandeira coel que vía solucionar a vella disputa de se el Día de Asturias debería caer el 8 de Setembre (Día da Santina de Cuadonga) ou el 25 de Maio (día que a Xunta Xeral lle declara a guerra a Napoleón), el presidente que xuraba solemnemente sobre el escritorio de Belarmino Tomás, tal como se quixera restaurar aquel Consello Soberano de Asturias e León, aquel que saludaba en asturiano e en eonaviego (esa fala tan pintoresca que as simpáticas xentes del Eo-Navia falamos con naturalidá e que nada ten que ver coel galego), aquel mesmo presidente que iba trer centros piloto onde el asturiano fose lingua vehicular (quedaba, pra sorpresa de naide, el Eo-Navia excluído dúa proposta que, al final, tampouco chegou pra naide), aquel presidente que confrontaba orgulloso a Ayuso, como un Gonzalo Pelaez del século XXI, el político máis asturianista dende tempos de Xovellanos… finalmente iba traernos a tan ansiada oficialidá del asturiano e del eonaviego.

Sen duda, un momento histórico pral movemento asturianista e pra todos os que levamos anos traballando porque os deretos dos asturianofalantes e dos galegofalantes escondidos (escondidos nese concepto de eonaviego-que-non-é-galego-nin-lo-pode-ser), a equiparación legal dos nosos deretos, el cumplimento, con máis de 40 anos de retraso (que parecera que vía en FEVE) del artículo 3 da Constitución Española… Un momento histórico… que non íbamos vivir. Non íbamos vivilo porque na votación na que esta semana pasada iba decidirse se se abría a posibilidá da reforma del Estatuto, pra incluir a tan demandada oficialidá, alcanzouse maioría simple, pero non os 2/3 que esixe el Estatuto prá súa reforma.

Sería úa sorpresa se non fose porque, xinxelamente, os números non daban. El PP e Foro vai pouco que firmaran un acordo pra ir da mao na Xunta, e en concreto, con este tema, colo que el voto de Pumares quedaba definitivamente perdido (e aínda que non fose así, non abondaba, xa que se precisaban cuatro votos máis). E el PP de Queipo xa vai meses que ven deixando claro que iban votar NON á oficialidá (que ven sendo a postura histórica del PP asturiano). Por suposto, Vox non iba dar el sou voto afirmativo…

Entós, un pergúntase qué sentido ten levar á Xunta úa proposta que sabíamos que íbamos perder. Qué interese electoralista hai detrás deste tipo de decisiois. Porque era úa proposta que non podía salir alantre, xa se sabía. Pero nos medios asturianos (medios como La Nueva España, pouco proclives á oficialidá ou á normalización das nosas linguas) sale esta gran derrota prá posturas e chantan úa pica en Flandes.

Cúbrese así el relato que presenta a Barbón como un presidente pro-oficialidá, e pro-Normalización lingüística. Un presidente que vai al encontro de presidentes de Barcelona e saluda en asturiano (en galego non, pero bon), un presidente que en Asturias, nos discursos institucionales ten úas palabrías en asturiano e en galego (aínda que lo chame doutro xeito), pero que despois as súas intervenciois na Xunta e nos medios son sempre en castellano.

Cúbrese así, con medidas grandúas que sabe que non van salir alantre, a falta dúa política lingüística seria e real que iba poder ferse coa Lei de Uso na mao.

Así, temos un incumprimento constante da toponimia (que foi aprobándose baxo el goberno doutros presidentes que non levaron precisamente el título de asturianistas, e que tampouco é que lo mereceran, ben é verdá), mesmo en Concellos gobernados polo sou partido e que tantas veces son abandeirados de ser de los de la llingua ou de los de la fala, a este lado del Frexulfe. Us concellos que son incapaces de sacar un bando en galego ou en asturiano, ou de ter as súas webs nestas linguas. Que son incapaces de cumplir coa toponimia máis alá da sinalética.

Ou a RTPA, onde a presencia del asturiano é anecdótica (e cada vez menos) e la del galego, ningúa. Nen a toponimia se respecta aquí, al menos na producción oral.

A realidá dos maestros e profesores de Llingua Asturiana e de Galego-Asturiano (que así se chama el asignatura), precaria, a media xornada e dependente sempre de que os alumnos se matriculen ou non (lo que acaba convertindo as asignaturas núa maría). A desaparición daquel programa piloto que iba levar el asturiano a algús centros como lingua vehicular (e que non costaba nada que un desos centros fose del Eo-Navia e se levara el galego)… Un programa que, como tantas outras veces, presentouse pomposamente e quedou en augua de ovos…

En definitiva, a falta real de políticas lingüísticas que se poden fer mesmo coa lexislación actual, queda escondida tras debates grandilocuentes na Xunta que xa se sabe de primeiras que non van salir adelantre. E con todo e con eso temos que salir contentos porque é histórico, porque nunca se alcanzara úa maioría simple (que, de facto, vale lo mesmo que úa minoría), que nunca estuvéramos tan cerca… E un, como dícía al empezo, queda abrumado pola cantidá de momentos históricos que deixa de vivir… Conto máis non nos valerían momentos menos históricos pero con máis resultado real. Políticas lingüísticas menos grandilocuentes pero con resultados reales… Esas mesmas políticas que son plenamente factibles sen necesidá de ter el apoio dos 2/3 da Xunta. Esas que son factibles namáis coa voluntá del Executivo. El Executivo que encabeza, dende el revolucionario escritorio de Belarmino Tomás, el señor Adrián Barbón Rodríguez.

Moisés Cima Fernández. Presidente de Axuntar

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.