#PararllesOsPés X. El nivel de inmoralidá e de prepotencia é preocupante

Nel BOPA de 12 de xunio el Principado publicou a Resolución da Consellería de Educación de 31 de maio de 2024 pola que se aproban as Bases reguladoras del procedimento de concesión dos Premios Extraordinarios al coñecemento da Lingua Asturiana e del Eonaviego na Educación Secundaria Obligatoria.

A exposición de motivos, ou Antecedentes (1) da Resolución adornan el tema con palabras ben guapas pero coa determinación de ir armando un relato unde al galego-asturiano, al galego que falamos en Asturias, véiselle colocando nel lugar que, según os que dirixen a política lingüística asturiana, lle corresponde: el lugar da irrelevancia. Al final, el relato resulta negativo tanto pral asturiano como pral galego.

Na base Quinta das bases reguladoras del proceso de concesión dos premios déixase claro que se poderá conceder un máximo de un premio por cada mil alumnos e alumnas con matrícula en LENGUA ASTURIANA Y LITERATURA, asta un máximo de seis premios, distribuidos entre as etapas pra os que se convoquen, e el mesmo número de accésit prás mesmas etapas e coa “mesma distribución pral área territorial “de cada lingua propia de Asturias.

En todo caso -dice a norma- un dos premios de cada etapa vei otorgárselle al alumnado dos centros del área territorial de “eonaviego, siempre que hubiera alumnado inscrito. En caso de que no haya alumnado inscrito para una o ambas etapas, el premio se agregará a los premios del área territorial de la lengua asturiana”.

En todo caso, uno de los premios de cada etapa se otorgará al alumnado de los centros del área territorial de “eonaviego, siempre que hubiera alumnado inscrito. En el caso de que no haya alumnado inscrito para una o ambas etapas, el premio se agregará a los premios del área territorial de lengua asturiana”

El nivel de inmoralidá e de prepotencia dos que se encargan de tutelar el galego que se fala en Asturias é sorprendente e preocupante. A asimetría entre os dous idiomas é tan grande que indica úa voluntá torticeira que resulta ofensiva e que anda nas beiras da ilegalidá por discriminatoria. Fain úa ostentosa marxinación del galego de Asturias.

Por si eso fóra pouco na exposición de motivos ou “antecedentes” da Resolución sobre a concesión dos Premios Extraordinarios, estos dirixentes nosos tamén intentan dar úa explicación del cambio legal del Glotónimo que se usa pra referirse al galego de Asturias, ese famoso nome de “eonaviego” que nunca naide utilizou na zona asturiana de fala galega pra referirse al sou propio idioma. Excusatio non petita, accusatio manifesta, dice a famosa locución latina que significa que aquel que se disculpa sin ser necesario, sin que naide llo teña pedido e sin vir a Conto, tales disculpas señalan quen é el autor da falta. Esos antecedentes, nunca millor dito, poinnos delantre dos ellos a realidá das cousas:

1.- En Asturias el Estatuto de Autonomía solo fai referencia al bable (ese é el nome que se utiliza). Tamos falando dúa Lei Orgánica da que, xunto coa Constitución e a Carta Europea de Linguas Rexionales ou Minoritarias, integra el marco constitucional dos deretos lingüísticos.

2.- Mediante Lei 1/ 1998, de 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano amecese outra denominación, asturiano; e aparece a denominación gallego-asturiano (prá lingua da área Eo-Navia). Estas son as denominacios legales. Non hai outras.

3.- Os Decretos que en Asturias establecen – según rezan os antecedentes da Resolución que comentamos- a ordenación e currículo das enseñanzas de Educación Primaria, Educación Secundaria e Bachillerato, incorporan un área ou materia dedicada á enseñanza de la “Lengua asturiana y su literatura “. (Nada se acordou expresamente da enseñanza del gallego-asturiano e da súa literatura).

4.- Na exposición de motivos ou “Antecedentes” da Resolución sobre Premios Extraordinarios tamén se dice: -excusatio non petita, de novo- “Nuestro ordenamiento jurídico no se limita a regular el uso o protección de su patrimonio lingüístico, sino que exige una acción dinamizadora de impulso, investigación y recuperación efectiva. En el marco de dicho propósito, las lenguas tradicionales de Asturias (elas mesas por sí solas) han ido adaptando su denominación al nombre comúnmente aceptado por la filología y por el consenso social: la denominación de asturiano o lengua asturiana es actualmente preferida sobre el término erudito bable que figura en el Estatuto de Autonomía y la denominación gallego-asturiano ha sido equiparada por la Academia de la Llingua Asturiana a la de eonaviego o lengua eonaviega. (Dito queda: saltando por encima da lei, del consenso lingüístico e da tradición filolóxica).

El Glotónimo eonaviego responde a la demanda del Gobierno del Principado de Asturias y se corresponde con la adscripción geográfica de sus hablantes.

5.- El Glotónimo eonaviego – siguen argumentando– responde a la demanda del Gobierno del Principado de Asturias –por fin aparece úa verdá– y se corresponde grosso modo (pra quen é meu volo, abonda un taiolo) con la adscripción geográfica de sus hablantes (que hai falantes del noso galego noutras zonas de Asturias, fóra das fronteiras del Eo-Navia e miles nas áreas centrales é innegable, pero é un tema que non merece a pena ser analizado) y como consecuencia, con el ámbito territorial en el que se imparte esta modalidad lingüística, los concejos asturianos entre los ríos Eo y Navia. (lo de a dignidá idiomática del idioma gallego non ta incluido nel apartado da necesaria esixencia, acción de dinamizadora, de impulso, investigación e recuperación efectiva (eso queda pral asturiano) e que a nosa adscripción seña Asturias e non solo el Eo-Navia, tamén debería terse en conta, pero sería pedir muito).

6.- Pral goberno asturiano -por encima da lei, del consenso e da ciencia lingüística- resulta conveniente e oportuno establecer actuaciois sobre el eonaviego, a través del área de Lengua Asturiana e Literatura, pra procurar un maior coñecimento da lingua tradicional, sen explicar, por lo que se ve, nada sobre a literatura galega que forma parte del acervo cultural del idioma galego de Asturias, desconectando a “modalidá” lingüística del sou tronco lingüístico, del sou potencial, e fendo de menos el sou prestixio e prácticamente premiando el non estudio. Se non hai alumnado nel Eo-Navia, casi millor, que así el premio non ha perderse- vein decir-. Se hai alumnos/as, fillos ou netos de gallegofalantes en Uviéu, Xixón ou Avilés, que lles damos? Cero oportunidades de aprender a súa lingua tradicional.

En resumen, as palabras guapas non ocultan senón que manifestan ben claramente un propósito tamén claro: a aniquilación del galego que falamos en Asturias, a súa negación e el sou desprestixio.

Colaboa en #PararllesOsPés.

Afiliate a Axuntar.

Uxío Novoneyra

Os soños negros i os xeitos broucos da noite
nun envoltoiro polos carreiros do monte..

(1) Resolución da Consellería de Educación de 31 de maio de 2024 pola que se aproban as Bases reguladoras del procedimento de concesión dos Premios Extraordinarios al coñecemento da Lingua Asturiana e del Eonaviego na Educación Secundaria Obligatoria.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *