Palabra de outubre: carqueixa

Nel Dicionario da RAG:

substantivo feminino (Chamaespartium tridentatum ou Genista tridentata). Arbusto silvestre da familia das leguminosas, con moitos ramallos, flores amarelas e unha especie de alas que percorren o talo e que forman en cada nó tres pequenos dentes, ao cal se lle atribúen moitas propiedades medicinais. As carqueixas estralan ao arder.

SINÓNIMO lavacuncas. As lavacuncas usábanse como cama para o gando.

-Nel dicionario de Varela Aenlle:

carqueixa. s. f. Planta da familia das papilionáceas, leguminosa, herbácea e leñosa na base que pode alcanzar os setenta centímetros ou máis, de talos verdes e follas rudimentarias. As súas flores son amarelas e ten a semente metida nunha vaíña peluda. Diferénciase doutras especies semellantes en que as súas follas aparecen estiradas polo talo rematando e empezando en cada nó. É de uso medicinal tanto para as persoas como para os animais e tamén se utilizou como combustible e estropallo para fregar a madeira, os pisos das casas ou os pratos (Chamaespartium tridentatum).

carqueixal. s. m. Lugar onde abundan as carqueixas.

carqueixeira. adx. e s. Alcume das mulleres de Pezós.

Non se debe confundir coa carqueixa boieira (Halimium alyssoides), arbusto de familia das cistáceas, de ata un metro de altura, follas oblongas e flores en grupos con pétalos amarelos. A carqueixa boieira bota as flores entre abril e xuño.

ETIMOLOXÍA:
El termo galego carqueixa, por carecer de follas propiamente ditas, e ter úas formaciois semellantes á folla dun carballo, podería vir da voz latina QUERCUS (carballo).

REFRAIS:

Carqueixa brotada, lloba preñada. Carqueixa florida, lloba parida.

USOS:

A carqueixa fai us anos era moi apreciada porque era un bon esterco; ardía mui ben e servía pra encender el lume. De nova era un bon alimento prás vacas, prás ovellas e pra os cabalos. Inda por riba servía pra limpar os potes de ferro e a louza de pau, por eso tía tamén el nome de lavacuncas. As abellas tamén gustan del nectar da súa flor. Tía tamén propiedades curativas como diurética, emoliente, así como contra a tos, reuma, artrose e gota. Frai Martín Sarmiento falaba xa nel ano 1759 del valor desta planta nel sou libro Disertación sobre las eficaces virtudes maravillosas y uso de la planta llamada carquesa, conocida en Galicia por el nombre carqueixa y en otras provincias del reyno por una voz análoga a a misma pronunciación.

Non se debe confundir a carqueixa, cos toxos (que teñen pinchos) nin coa xesta amarela (esta non ten os cordois membranosos da carqueixa, nin fai dentes nos nougos, nin os frutos levan pelos). Tampouco hai que confundila cos codesos ou piornos.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *