Vimos de recibir el VI Informe de Cumprimento en España da Carta Europea de Linguas Rexionales e/o Minoritarias (CELRN) feito público polo Consello de Europa. El pasado mes de xeneiro, el Comité de Expertos de dito organismo recibiu de maos da Doutora en Lingüística Xeral, Natalia Jardón Pérez, as alegaciois preparadas pola nosa asociación. Este Informe é un mecanismo europeo de avaliación del cumprimento da CELRM por parte dos Estados membros.
El colectivo Axuntar, Asociación prá Normalización del Galego de Asturias, celebra as consideraciois feitas por el Comité de Expertos del Consello de Europa nel sou informe, onde a nosa lingua queda reconocida como “gallego -Galician- (chamado gallego-asturiano) en Asturias”. Os expertos europeos instan al goberno asturiano a:
1. “Reconocer el gallego-asturiano como lingua oficial nel Estatuto de Autonomía del Principado de Asturias.”
2. “Cooperar coas comunidades autónomas vecías unde se fale galego.”
Al escoller os nomes galego e gallego-asturiano pra denominar a nosa lingua, el Consello de Europa posiciónase a favor da lei, del consenso científico e das reivindicaciois del colectivo Axuntar, e en contra das pretensiois del Principado e da Academia de la Llingua Asturiana (ALLA) de normalizar el vocábulo ilegal eonaviego.
El Consello de Europa señala ademais que el Principado incumpre a Carta Europea nel sou artígo 7.1.e, “al non existir vínculos oficiales entre falantes de galego (chamado gallego-asturiano) en Asturias e falantes de galego en Galicia e León.” (cita textual)
Europa singla tamén os incumprimentos del Principado no respectivo ás diferentes etapas educativas, con pouca ou nula oferta de galego-asturiano e recomenda incrementar a presencia del gallego-asturiano nos medios.
Desde Axuntar destacamos a referencia al “… galego (chamado gallego-asturiano) nel Principado de Asturias” como Glotónimo único neste informe, desaparecendo el Glotónimo eonaviego, defendido polas autoridades político-lingüísticas asturianas nas súas alegaciois ante el Comité de Expertos. Ese feito coincide coel tratamento que se dá al “… occitano (chamado aranés) na Comunidá Autónoma de Cataluña” e al “… catalán (chamado valenciano) na Comunidá Valenciana.”
Este Informe, por tanto, supón úa grave reprobación ás autoridades lingüísticas asturianas e ás súas políticas negacionistas contra a Asturias galego falante.
todo o apoio do coletivo Fala ceibe do Bierzo ❌
falaceibe@yahoo.es
Muitas gracias! E todo el noso, tamén! Seguimos!