Palabra de agosto: vagar

-Nel Dicionario del galego de Asturias de Varela Aenlle aparece:

vagar. s. m. Tempo libre. 2. v. Ir dun sitio para outro sen destino fixo. 3. Descanso nunha acción determinada. Eu nun teño vagar, (San Martín de Ozcos). // Cuanto (Conto, conta, cuanta) máis (más) prisa (présa) máis (más) vagar. Dise cando todo sae ao revés (As Figueiras). 2. Canto máis se apura é peor (Boal). // Hai que ter vagar. Hai que ter tempo libre e posibilidades de facer algo (As Figueiras).

Ditos:

El vagar non quer presa

Hai que ter vagar

-Nel Dicionario da RAG:

vagar. substantivo masculino 1Tempo libre ou desocupado.Non tivo vagar en todo o día. SINÓNIMOS lecer, ocio. 2 Lentitude coa que se desenvolve unha acción. Fíxoo con moito vagar.

A forma DEVAGAR é un adverbio que significa: con lentitude, sen présa. Ide devagar. SINÓNIMOS amodo, paseniño, pouco a pouco, lentamente, sen présa.

ETIMOLOXÍA:

A palabra vagar provén del lat. VACARE. 1. intr. Ter tempo e lugar suficiente ou necesario pra fer algo. 2. intr. Tar ocioso-a.

REFRAIS:

En portugués hai varios refrais que coinciden tamén cos del Eo-Navia recollidos por V. Aenlle:

  • A grande pressa, grande vagar.
  • A maior pressa é o maior vagar.
  • Mais vale bom vagar que má pressa.
  • Quem tem vagar faz colheres de pau (quem não tem que fazer emprega o tempo em futilidades).

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *