Elsa Quintas Alborés, avogada e escritora, e Marcos Maceira Eiras, Licenciado en Historia, activistas os dous da normalización del galego como Vicepresidenta e Presidente respectivamente da Mesa pola Normalización Lingûística (MNL) son coautores deste libro prologado por María Pilar Negro e por Paul Bilbao Sarria titulado Liberdade para o galego. Política, uso e disposición da lingua, Edicions Laiovento.
Trátase dun retrato da situación actual del idioma, del contexto político, xurídico e das perspectivas de futuro núa situación na que as instituciois abdicaron del sou deber de tutela deixando núa posición de disimetría absoluta al galego como idioma propio frente al idioma español.
As políticas lingüísticas serían reversibles aplicando criterios que muden a situación de diglosia e fosen propiciatorias del respecto aos valores democráticos que inspiran el ordenamento xurídico vixente, Neste libro temos a oportunidá de saber dos condicionantes que subordinan el idioma galego e dos instrumentos xurídicos que lo fain posible.
Nel libro veremos que normalizar é devolver el estatus de normal á lingua que lo perdeu e que precisa algo máis que un empuxón. Precisa de condiciois que lle permitan ser autosuficiente e autorrenovable fendo das sociedades con lingua propia úas sociedades máis xustas.
A normalización linguística é un proceso e el libro non esqueice os territorios de León, Zamora, Estremadura ou Asturias (nos que el idioma carece de oficialidá) unde el galego sufre úa exclusión máis intensa.
En Asturias os autores denuncian a utilización del Glotónimo eonaviego como ferramenta del negacionismo da dignidá idiomática, da galeguidá del idioma, reforzando a idea de separación del dominio galegoportugués,
A evidencia máis importante e que recolle este ensaio é el outorgamento das competencias pra determinar el Estándar lingûístico e normas ortográficas e morfolóxicas del galego que se fala en Asturias a úa Academia doutro idioma, a Academia da Llingua Asturiana, que de feito ta inventando úa nova e non recoñecida polo consenso científico lingua eonaviega desde posiciois político-ideolóxicas ou burocrático-administrativas que contravein a Carta Europea de Linguas Rexionais ou Minoritarias ratificada polo parlamento del Estado español.
Como afirma Paul Bilbao, úa das concluisiois del libro é que úa política lingüística destinada a promocionar úa lingua, sen obxectivos claros, pódese converter en ferramenta pra arrecunchar aínda máis.
Nel caso de Asturias, a política linguística desenvolvida ta convirtindo, según vimos denunciando dende Axuntar, al galego de Asturias núa variante del bable, con todo lo que eso significa, e é úa falta de respecto á sociedá que ten el galego como idioma propio.
A ALLa estigmátizase a sí mesma e pon en cuestión a súa solvencia científica al autoproclamarse núa institución que inventa idiomas e que xunto a un goberno, el asturiano, ten un comportamento incomprensible al fer caso omiso tanto al consenso científico e investigaciois filolóxicas como a os tratados internacionales de obrigado cumprimento ratificados polo Estado Español, con incumprimentos xa denunciados polo Consello de Europa. Por exemplo el acordo de 11 de decembre de 2019 del.deber de inclusión nos Estatutos de Autonomía das Comunidades Autónomas nas que se falan estas linguas, nos casos, como el asturiano, en que inda non se fexo.
Esperamos que el libro axude pra que os e as falantes del idioma galego de Asturias, os/as del asturiano e mesmo os/as falantes de español señan conscientes da inxusticia á que tan sendo sometidos os idiomas propios dos que somos depositarios.