Procede del termo latino FERIAM, “día de descanso”.
Lluis de feira en Boal, anos 80. (Fotografía cedida por Enrique F. Sanzo, “Quique del Pasadoiro”).
FEIREAR: verbo derivado del substantivo feira. Mercar, vender, ou tratar algún negocio na feira.
A FEIRA é úa reunión de xente en determinados días pra vender, comprar ou intercambiar produtos. Ademais ten a consideración de ser un acto social tradicional (Boal, Pezós, Samartín de Ozcos, Santalla de Ozcos, Grandas de Salime, Taramundi…). El lugar nel que se celebra chámase campo da feira ou feiral.
Os nomes dos días da semana:
-En portugués, os nomes dos días da semana son distintos aos nomes nas outras linguas de orixen latina. Aparece nelos a palabra “feira” . É a única lingua latina na que todos os días da semana tein a súa orixen na liturxia católica: Domingo é el día del señor; Sábado vén del hebreo Sabath; el resto dos días da semana (“segunda feira”, “terça feira”…), provein dos términos latinos pra el “segundo día nel que un non debería traballar, el terceiro, etc.” (en conmemoración da semana de Pascua). Os nomes dos días da semana (feiras) non se deben confundir coa palabra portuguesa prás vacaciois (férias).
1. Domingo
2. Segunda-feira
3. Terça-feira
4. Quarta-feira
5. Quinta-feira
6. Sexta-feira
7. Sábado
-En muitas outras linguas romances, os nomes tán relacionados coel satélite da Terra e cos planetas: En español, por exemplo, lunes vén de Luna, martes, de Marte, miércoles, de Mercurio, etc. En francés: lundi, mardi, mercredi… En galego: luns (lluis, luis), martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
As feiras son eventos que existiron desde tempos antiguos e evolucionaron al largo dos séculos. A súa orixen remóntase á Edá Media, condo os comerciantes e artesanos se reunían nun lugar específico pra vender os sous produtos e servicios. Nos reinos hispánicos, a feira máis antigua documentada é a de Belorado, instituida en 1116 por Alfonso I el Batallador. A medida que pasou el tempo, as feiras foron expandéndose e adquirindo diferentes características en distintas partes del mundo. Por exemplo, na India celébranse as famosas feiras de camellos. En Xapón, as feiras son conocidas como matsuri e celébranse durante todo el ano con desfiles, fogos artificiales e comidas tradicionales.
Na nosa zona hai feiras mui populares como a de Santa Ana, na Garganta, úa feira de gado con úa tradición de máis de 500 anos de antigüedá, onde se realizaban os famosos curros, a rapa das bestas, a xuntanza dos cabalos salvaxes, das “burras”, que inda hoxe en día existen nos montes cercanos (os conocidos como “garranos”). Se queredes saber máis sobre estas tradiciois, na web temos úa entrada mui interesante: As burras* (Equus ferus atlanticus), ponis salvaxes das nosas serras – axuntar.eu
REFRAIS:
Vai cos da feira e vén cos do mercado
Se non foi nesta feira, será na que veña
Quen non ten que fer, vai á feira por ver
El pan que non se vende despois de ir á feira, é como a faría que non se peneira
Non hai gran feira que non se conoza pola véspera
Crego na feira e mercader na igrexa, dígoche Xan que ben non me cheira