Jaione Camborda, cineasta, nace en Donostia en 1983. Coa súa película O corno, en galego, é a primera directora española en ganar a Concha de Ouro nel Festival Internacional de cine de Donostia-San Sebastián en setembre de 2023.
Tuven a sorte de poder ferlle hoxe, 5-12-23, úa entrevista telefónica a Jaione Camborda prá nosa web. Preparei preguntas, algúas supoño que esperables e esperadas, outras lóxicas e quizás típicas; pero outras -espero dar atinado- coa intención de conocer millor á muller e á cineasta, as súas ideas e ilusiois e tamén as súas técnicas narrativas. Porque el cine non deixa de ser eso: un medio por el que contar. E Jaione ten muitas cousas que decir.
Así que, ás 11,30 h. en punto -tal e como quedáramos- eu collín el teléfono e ela contestou. Atopei úa muller cercana, amable, valente e coas cousas mui claras, ademais de sensible e orixinal, que se alegrou condo comentei que onte fora ver O corno á sala Dúplex de Ferrol (exemplo de resistencia ante a chegada dos cines dos centros comerciales e grandes cadeas na cidade).
Jaione fala con total soltura e corrección a lingua galega. Esta foi a entrevista, que trasncribo á nosa variante dialectal: el galego de Asturias.
-Que significa pra ti ser a primeira muller en recibir el premio da Concha de Ouro del Donostia Zinemaldia?
–Un honor, por suposto. Pero por outro lado, condo úa é a primeira é porque inda non ta institucionalizado un premio así. Espero que sirva pra que se normalice porque romper barreiras é mui bon e mui positivo prás mulleres.
-Tú es filla de catalana e peruano e ademais nacida en Donostia, inda que vives desde hai tempo en Galicia. Donostia e Galicia, fain úa búa mistura?
-Sí. Considero que son territorios ermaos, con muitas cousas en común, mui apegados os dous á terra. Condo cheguei a Galicia, sentinme como en casa.
-Que significa obter este premio con úa película núa lingua cooficial como el galego? Que foi lo que te animou a usar a nosa lingua?
–Tou mui contenta con que se concedese este premio a úa película, integramente en galego e tamén con algúa conversa en portugués. Lo que me animou foi a lóxica: vivo en Galicia, falo galego. Quizais a pregunta seña: Por que non en galego?
-Nel tema lingüístico, na nosa zona -el Eo-Navia asturiano- úa área eminentemente rural e alonxada dos centros de poder asturiano, dáse un negacionismo da nosa lingua: el galego de Asturias. Unde cres que ta el xeito de concienciar e puer en valor lo “noso”? Quizais el arte seña úa traba de salvación ? Algún consello?
-A cultura en xeral e en especial as artes tein que ser puntas de lanza, luz na incerteza. É responsabilidá del artista. A normalización das linguas oficiales é lóxica, é un aliado pra medrar. Creo que lo que hai que fer é contaxiar entusiasmo, convencer de que así somos máis ricos.
-Nas túas cortometraxes hai úa, A rapa das bestas, na que mostras a luita entre el home e el animal. Os animalistas dicen que esa festa carece dun decreto da Xunta que la controle e que nela se producen “acciois crueles” contra os cabalos. Cual é a túa visión?
-Fendo esa cortametraxe atopeime con muitas persoas que tein un claro amor por esos animales e que mantein un enorme cuidado delos. Hai úas técnicas máis depuradas que outras, eso ta claro. Conto millor é a técnica, menos sufre el animal. E hai úa serie de actividades que se lles fain aos cabalos que son beneficiosas pra elos, como esa rapa dos cabelos lo que axuda a que non se enganchen nas ramas e tamén á súa desparasitación. Esa é a función da rapas: os cuidados. Obviamente hai que usar a técnica que menos moleste al animal e que non lo estrese. E hai que ter en conta que alredor destos cuidados necesarios se formou un espectáculo. E eso é lo que hai que vixilar. Pero eu, en Sabucedo atopei muitas persoas con verdadeiro amor por os cabalos.
–Arima (2019) recibiu el Premio á Millor Dirección na sección “Las Nuevas Olas” del Festival de Cine Europeo de Sevilla. Trátase dúa obra cargada de misterio. Quizais por esto la rodache en Mondoñedo, úa terra que parece perfecta pra recrear el ambiente da película?
–Mondoñedo, non sei se lo conoces, ten algo mui especial. Non se ve muito el horizonte, a nebra persistente fai que a vila te mui apegada á terra, hai úa gran forza telúrica, parece ademais tar suspendida nel tempo. É fascinante. Na mía película sempre ta a fusión da naturaleza cos personaxes.
-Centrándonos xa nel tou premio deste ano, O corno significa a forza da sororidá; fala da maternidá, da solidariedá, del aborto e del corpo e a voluntá das mulleres. Por que ese título?
–El “cornezuelo”, cornecho, ventón, ese fungo que nace nas espigas del centén, utilizouse pra fer infusiois que axudasen a abortar, era el método clandestino da época. Ademais el corno representa tamén a luita, é úa imaxen mui poderosa del noso inconsciente.
-Na túa película rodeácheste de mulleres. Esa escolla foi consciente ou simplemente produto del destino?
–Creo que collín as millores mulleres nel sou traballo profesional. Cada filme atrae certas sensibilidades. Dialogo millor coel sou traballo. Pero tamén hai homes “femeninos” por así decilo, con sensibilidá especial, con enerxía.
–Por que escolliches a Janet Novás como protagonista? El feito de ser bailarina influíu na túa elección?
-Houbo outras actrices. Pero al fer el casting, souben que tía que ser ela. Quería que fose un personaxe mui físico, que expresase as emociois desde el propio corpo. E Janet Novás, como bailarina que é, expresa eso. Ademais é úa muller mui honesta.
-Tocas a temática del aborto. En España hai 90.000 abortos voluntarios al ano. Segue sendo un tabú, un dolo sin corpo?
–Ta en perigo el perder deretos. Nel filme propoño úa estética que dialogue coa estética actual, a pesar de ser úa historia dos anos 70, porque creo que hoxe hai que lembrar el aborto e mantelo sobre a mesa.
-Matías Rebolledo, xornalista e crítico de cine, dice: “La película es un retrato preciosista sobre una practicante de abortos clandestinos en la Galicia profunda de los setenta, que ha cautivado al jurado presidido por la directora Claire Denis. Y también, claro, ha causado algún que otro desmayo por su elocuente escena inicial, un parto nada explícito pero sí cargado de significantes y manierismos.” Por qué esa inmersión total nel proceso dun parto coa que inicias a túa película? Adoptaches úa mirada femenina pra rodar ese primeiro suceso?
–Creo que hai úa obrigación que el cine lle debe al feito del parto. Normalmente as películas tán rodadas por homes. El parto considero que debe responder a algo máis experiencial, un momento nel que aparece el mamífero que se rebela. E quería tamén reflexar os momentos das pausas. El parto é un momento pouco observado, por eso tratei de darlle importancia.
-Illa de Arousa, 1971. E tamén Portugal. Por que escolliches esos lugares e ese ano del tardofranquismo?
–A Illa de Arousa é pra min fonte de inspiración. Ta chía de folgueiras, ás veces tan altas como úa persoa, por exemplo na zona del Carreirón. Os meus personaxes, tan apegados á terra, formando parte da paisaxe, identifícanse mui ben con esa zona. Ademais tamén quería que se vise el traballo del marisqueo nel Salnés con esa postura das mulleres, sempre agachadas, tan “terreas”, tocando e arrancando a area coas maos. Quixen tamén reflexar el trauma das fronteiras entre terras mui similares ás que solo separa un río -el Miño- e explicar que a idea de fronteira muitas veces é solo política, non cultural. E el ano 1971, el tardofranquismo, nótase en todo el filme, época mui dura prás mulleres.
-Rui Poças é el fotógrafo. Como é a luz da película?
–Escuiteille a Rui úa frase que define mui ben a película: “Condo poño luces non é pra iluminar, senón pra crear sombras”. Nas mías películas traballo muito lo que non se ve, a simboloxía e unión entre Eros e Tánatos, a luz e a escuridá.
-Muitas partes destacan especialmente na túa película: a del inicio, a da verbena… Sen fer “spoiler”, cual das escenas da película che resultou máis complicada ou máis difícil de rodar? Por que?
–Varias. Pero as del río, de noite, quizais foron as máis complicadas. Houbo que crear úa iluminación mui especial, as barcas movíanse, tuvemos que ter muita precaución e cuidado, fer úa investigación profunda del fondo del río…
-Hai úa escena que a min persoalmente me chamou muito a atención: as vacas cruzando el río cos seus xatíos e María, a protagonista, observándolas desde a beira e sonrindo. Por que te recreas tanto nela? É úa metáfora de algo (ou incluso máis de úa)?
–Sí, nesa escena conflúen muitas cousas: a idea mamífera, a idea de comunidá, de superar xuntas barreiras, de supervivencia e de celebración tamén, de vida e de maxia… A maxia de ver muitas vacas nadando, de cruzar e romper fronteiras… A idea de fronteira ta mui presente nos meus traballos.
-Na peli tán a vida e a morte, as dúas caras da mesma moeda. O corno é úa película naturalista? Poderías definila dalgúa maneira?
–Existencialista, esencialista, quizais la definiría como úa película na que quero conseguir que as mulleres se identifiquen entre elas, que señan espello úas de outras, que formen un todo. Na peli, Luisa (a rapaza que aborta), Belén (a portuguesa que ta na cantina), a migrante prostituta que vive en Portugal e a propia María, todas se identifican e así todas podemos vernos reflexadas úas noutras e sentirnos úa.
-E pra rematar, tes xa en mente úa nova película ou necesitas un descanso despós da voráxine de O corno? Resulta difícil el peso dun premio así?
–Ja, ja, ja (ríe). Sí, sí. Son produtora e guionista tamén. Foi un traballo de cuatro anos, e por el medio tuven dúas fillas… é muito, sí. Agora teño cousas en mente, pero antes quero pechar este ciclo.
Gracias, Jaione. Desexámosche que sigas realizando películas tan sorprendentes, chías de poder e reivindicaciois. E muita sorte na túa traxectoria artística, nos próximos proxectos e, por suposto, na vida.
Condo taba fendo a transcripción desta entrevista, úa amiga preguntoume si me gustara a película. A mía resposta foi a mesma que lle din a Jaione condo falamos del día anterior nel cine Dúplex:
-Sí, muito -contesteille-. Pero muito máis despós de escuitar as súas respostas.
BMAcero
Dirección: Jaione Camborda. Reparto: Janet Novás, Siobhan Fernándes, Carla Rivas, Daniela Hernán Marchán, María Lado, Julia Gómez, José Navarro, Nuria Lestegás, Diego Anido. País: España, Portugal, Bélxica. Ano: 2022. Fecha de estreno: 11-10-2023. Xénero: Drama. Guion: Jaione Camborda. Duración: 110 min.