
Por PABLO TRABADELO VILLABRILLE
El galee Asturias
Pablo Trabadelo Vilabrille, (1991) é un escritor da Veiga, membro do colectivo «Entretenemos di Pachi», autor dos poemarios Navalla e Jaloffein nos que expresa úa defensa do pensamento individual que propicie a libertá da conciencia.
A cousa é que, se queremos, entendémonos
Os pasados días 19 e 20 de xuño tuvo lugar na Universidá de Oviedo o I Congreso VulneRom (Vulnerabilidades sociolingüísticas no espacio Romance). Esto é, linguas derivadas do latín que malviven en situación de diglosia. En Asturias, asturiano e galego (que non “eonaviego”, pro ese é tema pra outra ocasión). En VulneRom sentíronse ponencias en francés, aragonés, catalán, véneto, castelán, asturiano e galego (tanto no dialecto Estándar como nos de Extremadura e Asturias –“momento histórico”, en palabras de Miguel R. Monteavaro, moderador das mesas nas que abordamos o noso caso, “sentir el noso galego na Universidá por primeira vez”—), e a maiores falouse de corso, italiano, occitano, rumano, incluso do latín (como Lingua minorizada) e de linguas non románicas como a lingua maya ou o namuy wan. E non fexo falta traducir nada.
Practicouse unha de esas cousas das que se fala cando se estudia o desenvolvemento das linguas romances: ó esgallarse o Imperio Romano, ca separación, en diferentes grados, das distintas comunidades de falantes, as súas formas de falar foron evolucionando de xeitos diferentes. Pro un pelegrín tardomedieval que ía camín de Santiago entendíase ca xente que rexentaba os hospitais de Cornellana (que falaría astur-leonés tardomedieval) ou de Paramios (que falaría galego-portugués tardomedieval), sen ter que cambiar demasiado o que falaba na casa, fose o paisano de Cordes-sur-Ciel ou de Spilimbergo. Chamámoslle a esto, e vouno decir en catalán por repetir as palabras de Narcis Iglesias Franch, do comité científico, que foi quen nos suxeríu que o intentásemos: practicar l’intercomprensió.
No I Congreso Internacional VulneRom (Vulnerabilidades sociolingüísticas no espacio Romance) o autor presentou o sou Traballo Fin de Grado (TFG) en Lengua e Literatura Española na Facultá de Filoloxía da UNED: «Creencias lingüísticas y competencia metalingüística en adolescentes de Ozcos-Eo: acercamiento crítico a la doble diglosia del gallego en Asturias».
Acabamos aplicando tanto esta norma que a partir de aí muitas das conversas e das intervenciois foron casos de sesquilingüismo: cada unha das partes falaba na súa lingua, e todo dios entendía (e nos casos en que non, infrecuentes, preguntaba, aclarábaselle e a seguir). Así foi no congreso, tamén cando nos xuntamos a xantar ou tomar sidras e incluso nas conversas que imos mantendo a posteriori por vía telemática.
A lección está clara, e prestaríame que lle désemos unhas voltas como ciudadanos e, quen teña poder, como dirixentes (ou que lle désemos unhas voltas como ciudadanos pra non sermos engañados por quen nos dirixe…): cando imos catro días a Oporto por Difuntos ou na Ponte da Constitución, entendémonos; entendémonos pra pedir un vin chaud cando visitamos o norte de Francia e pra pedir un gelato di fragola en Nápoles; vein pelegrinos xaponeses, coreanos ou xermanos a pedir algo no bar ou na farmacia onde traballamos, e acabamos atinando ca infusión de rooibos e maracuyá ou cos apósitos prás bóchigas (‘angüexas’). E estas intercomprensiois non nos resultan muito máis difíciles que cando pedimos un arroz con carabinero en Sanlúcar de Barrameda ou cando vemos un reel de Usuariapr ou cando sentimos unha canción de Rosalía. ¿E se probamos a medir ca mesma vara?
Non deixemos que se usen cousas tan fermosas como a diversidá lingüística pra polemizar e separarnos.
Pablo Trabadelo Villabrille
