Axuntar leva al Supremo el uso ilegal del anti-glotónimo «eonaviego» pra referirse al galego de Asturias

El Principado de Asturias, asesorado pola Academia de la Llingua Asturiana, intentou substituir vía decreto el Glotónimo legal -gallego-asturiano- por úa denominación, “eonaviego”, que non ten aceptación (solo lo prefire un 2.5% da poboación, según confirman os resultados dun recente estudio sociolingüístico dos profesores Alberte Facal Malvar e Henrique Costas González) e, por si fose pouco, carece de base científica xa que se trata dun simple xentilicio.


Axuntar acude al Tribunal Supremo, presentando recurso de casación contra úa recente sentenza del Tribunal Superior de Xustiza de Asturias, confiando en que se faga xustiza e se obrigue a respeitar a denominación de galego-asturiano, que figura na Lei 1/1998, restaurando a legalidade e a xerarquía normativa que se viu vulnerada coel Decreto 25/2024.


El Tribunal Superior de Xustiza de Asturias (TSXA) non soubo comprender a pretensión aducida por Axuntar e acabou zanxando a cuestión prematuramente, sen entrar nel fondo del asunto, tras a publicación del Decreto que modificaba el anterior, e que viña amecer a disxuntiva «ou galego-asturiano» á fórmula imposta de «eonaviego», coa paradoxa de que el nome previsto na lei pasou a ser un nome secundario.

Mais a pretensión de Axuntar non era esa, senón a de erradicar a invención que nos impoin el Goberno del Principado e a ALLA, un falso Glotónimo (* «eonaviego») que nin é aceptado socialmente nin ten base lingüístico-científica ningúa e que lo único que pretende é eliminar cualquera relación coa adscrición al tronco galego-portugués del galego de Asturias.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.