Dicionario do galego de Asturias, Varela Aenlle:
miolo. s. m. Parte interior dunha fogaza de pan; miolla, miollo, molo. 2. Peza de madeira da roda do carro do país, onde encaixa o eixe; miolla, miollo, molo. 3. A parte máis esencial de algo (El miolo del asunto); miolla, miollo. 4. V. miola 1ª acep. 5. Parte interior dunha rama (San Martín de Ozcos). 6. Peza central da roda dun rodicio.
Dicionario da RAG:
substantivo masculino plural1popularEncéfaloDisque aínda se vían os miolos esparexidos polo chan.SINÓNIMO molosubstantivo masculino2Parte interior do pan.Prefiro o miolo á codia.SINÓNIMOS miga, migalla, miola, mola, rafa3Parte interior e mol de calquera cousa.Cortou unha póla de sabugo e quitoulle o miolo.SINÓNIMOS medula, miola, mola4figuradoParte fundamental ou máis importante de algo.O miolo da cuestión non é ese.SINÓNIMOS cerna, núcleo5popularCerebro, intelixencia.Si home si, ti non te mates a pensar, non vaia ser que se che gaste o miolo.
FRASES E EXPRESIÓNS:
- Cocen el pan con pouco miolo
- É difícil de entender el miolo das súas teorías filosóficas
- Fáltanlle miolos pra dar coa solución
- El sabugueiro ten el miolo brando
- El que é tolo, é del miolo
ETIMOLOXÍA:
Do latín vulgar MEDULLUM.