Un repaso

Chegando xa al final del ano, queremos compartir todo lo feito nestos tres anos de andadura da nosa Asociación. Que non foron poucas cousas! E, eso sí, todas feitas con ilusión e entusiasmo.

AXUNTAR, asociación prá normalización da lingua galega de Asturias, foi constituída el 27 de agosto 2021. É úa asociación sin ánimo de lucro que ten como obxectivo a conservación e promoción del uso da lingua propia da comarca asturiana del Eo-Navia que, dende ámbitos filolóxicos, responde al Xeotipo galego, pertencendo al sou bloque oriental e diferenciando que úa cousa é a lingua e outra a política e a fronteira administrativa.

Este é el noso logo:

Nel nome de AXUNTAR aparece úa parte da estela de Nícer Clutosi, atopada en 1932 na Corredoira (Piantón, A Veiga). Esta estela funeraria ta datada entre os s. I e IV d.C. e nela vese un círculo solar na esquerda (representado nel noso logo por ese solín que subliña el nome) e probablemente a lúa á dereita (a estela ta fragmentada e non se ve mui claramente) e un semicírculo sostido por tres pés -de probable reiz céltica- (representado nel noso logo debaxo da vocal U), xunto con úa inscripción que pon:

“Aquí xace Nícer, (fillo) de Clutosi, del castro de Cariaca e príncipe dos Albiois, de 75 anos”.

Nícer Clutosi foi -como se dice na inscripción- un príncipe dos Albiois, tribu galaica que se situaba nel territorio limitado por os ríos Eo e Navia.

Ademais el logo de Axuntar leva á esquerda el dibuxo de úa folgueira, el noso símbolo vexetal, e a consoante X mui marcada por ser úa letra mui característica na nosa lingua.

Neste vínculo tán os nosos Estatutos.

E aquí podedes ler muitas das actividades que realizamos nestos tres anos.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *