A nosa fonoteca

Foto de Begoña Martín

A continuación vei un listado da música que se fei na nosa terra, acompañado dalgúa canción que podedes escuitar, e tamén anotamos os Cds que xa temos na nosa biblioteca.

Darbukka, formación musical de folk da Veiga, composta por sete músicos de sete concellos (tein un cd que leva el título “Sete Sones”). En 2008 publican “Fálala”, invitando a falar na nosa variedá dialectal.

Escuita :‘A fala escuita”

darbuka é  un tambor de úa sola cabeza en forma de copa, mui común na música folclórica, sobre todo en Exipto, en partes de Oriente Medio, el norte de África, el sur de Asia e Europa del Este.

Os folkgazais, grupo nacido en 2007 na Veiga. Tein publicados “Cama de Folkga”, “Haiga” e “Alorias”. El sou estilo musical é el das bandinas dos anos 20 a 40 cun repertorio bailable. Na nosa fonoteca temos “Cama de Flokga”.

Ver actuación en directo

E tamén temos el segundo CD. “Haiga”, nel que hai canciois con estilo de cumbia, habanera, bossa-nova, swing e pasodoble.

Escuitar Flor de toxo.

40 anos al son da nosa música

A comuna del Barruzo

A ecoloxía como hábito, a creatividá como salú, el empoderamento da imainación, a non exclusión de ningún ser, el xogo como pilar de relación ou el cambio como poder transformador son algús dos valores que pretende transmitir A Comuna del Barruzo, el primeiro disco-libro en galego de Asturias, pensado para todo tipo de público, infantil ou adulto, con sensibilidá por el arte e a naturaleza.. Con creadores bretonesgallegos  e astures el disco ten dez canciois escritas por poetas da zona, como Héctor Acebo, Quique RoxíosBelén Rico ou Arturo Álvarez, e dos cantores e compositores Nicolás Kervazo, Pierrot Rougier e Ugia Pedreira.

El pop-rock, a música de cámara, os ritmos étnicos, el folk, el reggae… todos tán presentes neste traballo. Cada canción identifícase con un ser máxico que protexe a quen mora na Comuna.

Escuitar “Natura”.

Herbamora naceu nel ano 2003 como un grupo de pandereteiras.

Despós a cousa foi medrando e xuntáronse un peteiro de músicos que nel ano 2007 publicaron el disco Sali lluna

Escuitar ‘Nosh’

Os ermaos del herba seca e Ángel R..Berdiales fixeron el primeiro rock en galego de Asturias. Sacaron os discos “Entornou el varal’ e “Erguemos el varal” nel 2000.

Mañá por a mañá saco el cuito

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *