Edita Nogueira Tallón, mestra de profesión, vive actualmente en Bergondo (A Coruña) e, desde esa terra, escribe. Escribe especialmente pequenos textos, microrrelatos e nanorrelatos, haikus, tankas, “editiños”… todo relacionado coa brevedá, xa que é úa “mestra” en sintetizar -de forma certeira, retranqueira e cun humor fino e ácido non exento de sentimentos-. Nel sou blog https://palabradenoz.blogspot.com escribe sobre as “PRETENSIÓNS LITERARIAS DUNHA NOGUEIRA VELLA”.
EL FUTURO PETA NA PORTA
Un mestre ensina
en galego de Asturias
con libertá.
Dous nenos falan
en galego de Asturias
mentres enredan.
Fixen un Haiku
en galego de Asturias
sen dicionario.
Deu froitos axuntar
Ilusiois máis esforzos.
Edita Nogueira Tallón, Bergondo (A Coruña), 9-12-2021
Foto de Begoña Martín