Rellustra en Ourense!

PRESENTACIÓN del libro poético RELLUSTROS, en OURENSE el 12-12-24 na Librería Eixo (Rúa Cardenal Quiroga):

«Marta Ledo Jardón naceu en Miñagón (Boal), un lugar dentro da Asturias de lingua galega: a zona “mesopotámica” -que decía Fermín Bouza Brey-, situada entre os ríos Eo e Navia. Como veredes nel sou libro, todos os poemas están escritos na variedade dialectal desa zona, un galego particular, con moitas palabras etimolóxicas e algunhas outras arcaicas e conservadoras.

Antes de nada gustaríame comentarvos que Marta escribe baxo seudónimo e para iso emprega os apelidos das súas avoas, o que non é sen intención porque a presenza da MULLER é moi potente na súa obra, na que tamén aparecen a TERRA, os DEVANCEIROS e o TEMPO, todos con maiúsculas porque para ela, darédesvos conta en canto comecedes a ler o libro, é moi importante saber quen somos e de onde vimos.

Cando o leades, atoparedes nas súas páxinas un mundo sensorial no que hai olores, cores, sons… (así hai versos como estes: “cubren os eiros/ os mantos de tardequías serenas/ con olor a palla e terra”; ou estes: “praderías verdes abondo,/ rosados montes de gancellas”; e tamén estes: “escuito adormecida/ música del vrao,/ paxaríos, grillos, curuxas”). No nivel formal os versos de Marta adórnanse con preciosos encabalgamentos que culebrean dun verso ao seguinte, e con personificacións que humanizan a súa escrita enchendo de alma e vida as palabras. Porque as persoas que a coñecedes, ben sabedes que ela é tamén alma e que pon o corazón en todo canto fai. Os seus poemas son o que cantaba aquel vals dos Panchos do ano 1953: alma, corazón e vida.

Agradézolle que nos regale este libro-áncora que nos amarra á NOSA TERRA, úa terra por veces castigada, abandonada e ninguneada, desgrazadamente.

Espero que o seu poemario sirva para que a coñezades mellor a ela e tamén sexades capaces de entrever, adiviñar, e querer… as entrañas do Eo-Navia.

E remato xa lendo un Poema, un dos máis breves do libro, que a min particularmente me emociona moito. Titúlase: PAISAXE DE INVERNO:

Entendín naquel momento
que a vida é como a naturaleza
que, anque tía xelada, se viste de harmonía
con cada detalle pequeno que la compón.
Decidín entós intentar darlle
á mía vida forma de paisaxe.

Déixovos xa con Marta!»

Begoña Martín

E Marta falounos un pedacín del libro, de como naceu, dos sentimentos que ela ten pra con esta terra eonaviega, del pasado, presente e futuro, puendo énfase en todo lo que la rodea, nos recordos e sobre todo nas súas xentes.

Nada millor que ter el librín nas maos e degustalo pouco a pouco, notando os olores, vendo as súas cores e escuitando todo no que dentro del se move.

ESTO É LO QUE NOS DICE A AUTORA:

«Foi úa tarde mui agradable unde se falou nun ambiente mui acolledor da poesía que encerra este llibrín, que pretende rendir homenaxe de forma humilde á cultura e á tradición rural del Concello de Boal, puendo os ollos nas xentes, na  llabranza e nas paisaxes que rodean este Concello chen de belleza e con un patrimonio etnográfico e lingüístico dúa gran riqueza». 

Un pouco de Boal quedou en Ourense.

Marta Méndez Quintana

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *