Como a gastronomía tamén forma parte da nosa cultura, Axuntar celebra el día máis «doce» (hoxe, 12 del 12) deste ano 2024. E pra eso queremos compartir úas receitas mui dulces/doces.
A NOSA VENERA:
É un postre típico de Navia e Boal particularmente, inda que tamén se fai noutras partes del noso territorio. Sólo leva tres ingredientes: azucre, ovos e améndoa. A distinción entre estos dous lugares básase nel uso de améndoa tostada en Boal e sin tostar en Navia.
Aquí a receita dúa experta neste rico e calórico postre del Eo-Navia…
Antes de nada, comentamos que el dibuxo escollido por ela pra fer as roscas da venera era este:
Como vedes, van féndose roscas, tipo churros algo gordíos, formando úas «chaves» que se van unindo asta completar a venera. Pero hai muitas outras formas e debuxos, que quedan á libertade del cociñeiro-a.
Vamos con ela:
INGREDIENTES:
1/2 kg de améndoa
1/2kg de azucre
2 ovos enteiros e úa xema
ELABORACIÓN:
Moler a améndoa CRUDA, sen tostar. Mesturar coel azucre e os ovos. Amasar ben. Fer a venera, construíndo churros coa masa e seguindo el dibuxo del modelo (círculo central, cuatro ou máis «chaves» e ir uníndolas).
Cocer a 160° úa media hora, ou 25 min. (en todo caso hai que tar atentxs e, en Conto colle color, hai que sacala del forno pra que non quede seca).
Adornar con merengue, dibuxando toda a venera. (Hai quen adorna tamén con cereixas escarchadas).
Tamén compartimos outra receita: el DEVENTRE. Recibe este nome porque ta feito coa vexiga del cocho.
Era un prato típico del Antroiro en Eilao, Pezós, Boal e Tapia, posiblemente relacionado con el aproveitamento de sobras. Consiste nun amasado a base de pan duro migado (xeralmente de centén), ovos e outros ingredientes -según se trate da variedade dulce ou salada- que se introducían núa vexiga de porco, cocido todo despós en auga e, xa frío, servido en rebandas.
El deventre dulce faise con cinco ou seis ovos, dúas tazas de pan migado, úa taza de manteiga (podíase cambiar a manteiga por graxa de cocho), dúas tazas de azucre e a ralladura dun limón. Todo ben amasado introdúcese na vexiga mui despacín pra que non se rompa, átase e ponse a cocer en auga durante úas dúas horas. Despós, xa fría, córtase en rebandas e tómase de postre.
Algúa outra variante leva incorporados a esa masa, ademais dos ingredientes anteriores, perexil e cebola (despós de fritos en aceite e xa fríos) e tamén canela al gusto. Hoxe en día, como xa non se usan as vexigas, sole ferse en moldes (e hai quen nel molde pon azucre pra caramelizar el deventre, como se fai cos flanes).
El deventre salado prepárase con dúas tazas de pan rallado, cinco ou seis ovos, dúas tazas de toucín frito cortado en cachíos mui pequenos, dúas tazas de cebola picada mui fina, úas ramías de perexil e sal. Amásase ben e introdúcese na vexiga ben atado, cocéndola en auga úas dúas horas.
Típicos tamén del noso territorio eonaviego son os CEREIXOLOS, que reciben distintos nomes: filloas, fillolos, fillogas, fillolas, freixós, fereixolos… (En muitos sitos de Galicia, os freixós son os doces e as filloas son as feitas con sangue).
INGREDIENTES:
4 ovos
750 ml de leite enteiro
100 ml de auga
100 gr de faría de repostería
Úa pizca de sal
75 gr de manteiga
ELABORACIÓN:
Nun recipiente coa faría amece el leite, el auga e os ovos. Engade un chisco de sal e bate os ingredientes. A masa debe tar bastante líquida. Deixa repousar 15 minutos na neveira.
Engrasa lixeiramente úa tixela e caléntala a lume lento.
Engade de golpe un cacín de masa (mui pouca cantidade).
Esténdela, asta que quede mui fina.
Cualla a filloa (que tome algo de cor).
Condo os bordes se despeguen, tira delos coas maos e reserva xa a filloa nun prato, espolvoreándola con azucre e canela mesturados.
Repite asta rematar con toda a masa.
Podes rechelas de marmeladas de amorodos ou frambuesa, crema pasteleira, nata, mel…
ta ben expor receitas de doces típicos
Ese dibuxo de a venera e el que eu recordo de nena
Ahora pouca gente lo fae y e precioso porque al cocer xunta todo y despós del adorno con azucar dura, ten ua presentacion que apetece comella
A venera é festa e familia xunta