
Galaxia representou a recuperación, el rexurdimento literario en Galicia despós da etapa «escura» a reiz da guerra civil española e da imposición del réxime franquista. Naceu como úa editorial comprometida coa recuperación da lingua e da cultura galegas, nos tempos da ditadura.
Entre 1939 e 1950 apenas se publicaban libros en Galicia, e moito menos en galego. Estos editábanse principalmente en América (México, Uruguai, Arxentina), alredor de persoas exiliadas como Castelao, Arturo Cuadrado e Luís Seoane. Será a partir de 1950, coa aparición da editorial Galaxia, condo nace el proxecto cultural máis estable e el de máis continuidade na Galicia interior. Concretamente el 25 de xullo de 1950 celebrouse nel hotel Compostela, en Santiago, a Asemblea fundacional de Galaxia, baxo a presidencia de Ramón Otero Pedrayo. Ramón Piñeiro foi el sou primeiro director literario e el gran animador intelectual quen, xunto con Domingo García-Sabell, Ricardo Carballo Calero, Celestino Fernández de la Vega, Marino Dónega, Xaime Isla Couto e Francisco Fernández del Riego formaron el grupo Galaxia.

Esta primavera Fernando Castro Paredes (Tapia, 1975). acaba de recibir el premio Galaxia de novela 75 aniversario por el sou libro O lanzador de coitelos.
-Este premio que acabas de recibir é el de maior dotación económica en Galicia. Cincuenta anos despós de que Carlos Casares gañara coa súa novela Xoguetes para un tempo prohibido (en 1975), Galaxia recupera —coa chegada del 2025 e el sou 75.º aniversario— este galardón. Que significa pra ti?
-É un orgullo enorme. E unha gran sorpresa. En ningún momento pensei que algo que eu escribira puidera ser merecedor dun premio desta categoría. Estou moi agradecido e, ao mesmo tempo, sinto unha certa vertixe de verme formar parella na nómina de gañadores cunha figura intelectual da categoría de Carlos Casares.
-A túa novela premiada, según comentou el xurado, destaca pola súa «elevadísima calidade literaria» e pola forma «brillante» na que está escrita, «atrapando al lector nunha atmosfera desasosegante». De que vei a historia que contas nela?
–Comezamos a historia na cidade de París, seguindo a un personaxe bastante escuro, unha especie de sicario que ten coma misión raptar a unha figura prominente das letras francesas. A operación lévase a cabo, pero as cousas complícanse e comezan a entrar en xogo cuestións que enfrontan aos personaxes co seu pasado, un pasado que está estreitamente relacionado cos campos de concentración alemáns da Segunda Guerra Mundial e todo o que neles sucedía.
-Como te enteiraches del premio?
–Estaba conducindo camiño da Coruña cando recibín un par de chamadas. Ao chegar á peaxe, devolvinas. Foi incrible. Ese mesmo día consultara a páxina web de Galaxia e, ao ver que ao día seguinte se facía público o fallo do xurado nun acto en Vigo e que nel o gañador estaría presente, pensei que a persoa afortunada xa estaría avisada, e antes de saír para A Coruña deixei preparado o pdf coa novela para envialo, en canto o fallo fose oficial, á editorial, por se a novela podía ser do seu interese.
-Naciche en Tapia (Asturias). Segues unido a esta vila?
-Si. Os meus pais decidiron vir para Galicia cando eu tiña cinco anos, pero seguimos indo a Tapia regularmente. Por esa zona vive parte da miña familia materna e aínda conservamos no pobo a nosa casa familiar. Todos os veráns procuramos pasar uns días alí. É un lugar estupendo.
-Tán dalgún xeito Tapia ou el Eo-Navia na túa literatura? Hai algo especial nestas terras asturianas de fala galega que che guste, che chame a atención…?
– Se é así, non son consciente, pero é inevitable que todo o que deixa unha fonda pegada en nós apareza dun xeito ou doutro no que escribimos. E Tapia foi, e segue sendo, moi importante na miña vida. Non son nada obxectivo cando valoro toda esa zona. Para min é unha especie de paraíso, quizais porque o asocio á infancia, onde todo era máis doado.
-As túas publicaciois son todas en galego normativo?
-Si.
-Es licenciado en Filoloxía hispánica e clásica, e traballas de profesor de Lingua e Literatura castelá nel Ies Fernando Blanco de Cee. Algo que comentar respecto da ensinanza en Secundaria a estas alturas del século XXI?
– Non penso demasiado niso. Son un profesional da educación, é o que fago para gañar a vida e fágoo o mellor que podo, pero non hai vocación en min. Sinceramente prefiro que sexan outros con máis implicación os que fagan ese tipo de reflexións. Agora mesmo, o único que desexo é que chegue o momento da xubilación para poder dedicarme á escritura a tempo completo.
-Es mui afeccionado al teatro. Participas e coordinas algún grupo dramático?
– Estou metido, xunto coa miña compañeira de traballo Marina Gómez, en varias aventuras teatrais: diriximos o grupo do IES Fernando Blanco, Tuéjele Teatro; somos membros da compañía Farándula Velutina, unha agrupación afeccionada de Corcubión, e asistimos a clases de interpretación no estudio CasaHamlet, unha escola de teatro da Coruña.

-Chama muito a atención el título teatral Papiroflexia. De que vei esa obra dramática? Algúa das outras obras que escribiches foron pensando nel alumnado, pra que elos las protagonicen?
– Papiroflexia é unha obra composta por tres pezas breves vinculadas entre si, cada unha das cales xira en torno a unha figura de papel: un avión, un barco e un paxaro. Foi estreada por Farándula Velutina e é unha obra á que lle temos especial cariño, porque cremos que ten moito que ver co espírito do grupo e a nosa maneira de entender o teatro. Gustaríanos reestreala en canto esteamos en disposición de facelo.
Algunhas das miñas obras foron escritas pensando especificamente nas actrices e nos medios de produción de Farándula Velutina, pero en xeral non me preocupo demasiado por quen vai facer a posta en escena. Creo que calquera tipo de agrupación teatral, escolar ou non, pode representar as miñas pezas. Si poden, nalgúns casos, estar algo orientadas no que respecta ao público ao que van dirixidas. A derradeira bala, por exemplo, que recibiu o premio de teatro Vidal Bolaño, está pensada para un público xuvenil. Unha moura aburrida, unha pallasa triste, unha trasna arrefriada… e moitos, moitos, moitos biosbardos é unha obra para nenos.
–Pallaso e Amorodo agre son outras dúas obras teatrales publicadas por ti. Outros dous títulos potentes, desde el noso punto de vista. Consideras que os títulos son importantes? Dedicas muito tempo na súa escolla?
– O normal é que o título xurda desde o primeiro momento e estea presente durante todo o proceso creativo. Ás veces, incluso, cando comezo a escribir, non teño máis ca un título que, a través da escritura, teño que xustificar ou cargar de contido. Foi o que sucedeu coa miña novela Entomoloxía para misioneiros, que comezou sendo simplemente iso, un título, antes de que apareceran os personaxes ou calquera fío argumental. Os títulos forman parte da obra literaria. Nese sentido son tan importantes coma calquera outro dos seus elementos: crean expectativas, xeran significados, interactúan co texto potenciándoo, cuestionándoo ou negándoo. E ademais, é o primeiro co que se enfronta un lector ou espectador, co cal tamén ten a súa relevancia desde un punto de vista práctico: axuda a vender libros e espectáculos.
-Es autor de varias obras narrativas e tamén dramáticas. De cal ou cales tas máis orgulloso?
– Non sei se as obras teñen calidade ou non (non me corresponde a min decidilo). Estou orgulloso de ter sido capaz de escribilas. Hai uns anos non me sentía capaz de rematar ningún proxecto literario e agora estou producindo de maneira regular.
Se tivese que destacar unha peza teatral da miña produción neste momento (dentro de cinco minutos quizais fose outra), escollería Ofelia ou o cabeiro da cóbrega, que é unha obra de alento clásico que reinterpreta o mito de Hamlet. Encantaríame que algunha compañía se puidese interesar por ela e a puxese sobre as táboas, porque creo que podería dar lugar a un espectáculo moi entretido e moi vistoso. En canto á narrativa, elixo a nova novela, O lanzador de coitelos, con toda seguridade o texto con maior esixencia estética que escribín ata o de agora. A preocupación pola forma e o estilo foi máxima na concepción desa obra.
-Pra condo un libro poético?
– Teño tres libros de poesía publicados, un cuarto inédito e varios proxectos en marcha, en diversas fases de realización. Non sei se algunha vez publicarei algo máis no xénero da poesía, pero é unha idea que non me desagrada.
-Pra condo el próximo libro?
– O próximo libro que se publicará será O lanzador de coitelos, que sairá o vindeiro 17 de xullo. O tema dos tempos no mundo da edición é complicado. Teño xa o primeiro borrador da seguinte novela rematado, pero vou agardar a envialo á editorial ata que a novela do premio Galaxia teña feito xa unha parte do seu percorrido. E iso será seguramente nalgún momento do próximo ano.
-Úas contas preguntas de resposta rápida pra conocerte millor:
-Úa imaxe: a miña cadela correndo pola praia.
-Un lugar: Tapia, por suposto.
-Un libro: On writing, de Stephen King (que se traduciu ao castelán co título de Mientras escribo). É un dos libros que máis veces lin na miña vida. Pese ao pouco prestixio crítico que tivo durante moitos anos o seu autor, é unha obra que zumega xenuíno amor á literatura en todas as súas páxinas.

-Úa peli: Río Bravo. Seina de memoria.
-Úa comida: tortilla de patacas.
Fernando, muitas gracias por contestar as preguntas desta entrevista prá nosa web e despedímonos xa desexándoche muitos máis éxitos.