Oportunidades pra estudiantes galegofalantes

Setenta alumnos e alumnas de varias escolas ou colexios del Bierzo participan durante varios días nun campamento de aprendizaxe e convivencia que fomenta el uso del galego e crea vínculos entre rapaces e rapazas que tein en común el ser falantes dese idioma.

La Voz de Galicia, 10-5-25

  • É evidente que estas actividades implican un enriquecimento cultural e persoal xa que, al interactuar, el alumnado descubre as particularidades das diferentes formas de falar e vivir el mesmo idioma propio.
  • Este tipo de iniciativas permiten compartir el idioma con outros mozos e mozas que Tein a mesma lingua propia e reforza el sou sentido de pertenza a un dominio lingüístico máis amplo.
  • As valoraciois posteriores indican que Intercambiar experiencias e formas de expresión poden revitalizar el aprecio pola lingua e fomentar el sou uso.
  • É indudable que estos campamentos, del mesmo xeito que outras experiencias de inmersión lingüística, incrementan un uso máis rico e variado del idioma e el conocemento de novas expresiois idiomáticas e xiros lingüísticos de outras zonas del dominio lingüístico, lo que axuda a tomar conciencia da riqueza léxica, a ampliar el vocabulario e a mellorar a comprensión das diferentes variedades da lingua propia.
  • Xuntar alumnado de distintos territorios pode crear lazos de ermanamento e colaboración entre mozos e mozas que comparten un elemento fundamental da súa identidade: el idioma. Esto contribúe a úa maior comprensión mutua e á construción dúa visión máis aberta e cohesionada da cultura propia.
  • Outro aspecto fundamental é el de desenvolver habilidades sociales, xa que a convivencia nun ambiente diferente al habitual fomenta a autonomía, a responsabilidade, as capacidades de adaptación, a resolución de conflitos e el traballo en equipo.
  • El profesorado tamén encontra oportunidades pral intercambio de búas prácticas educativas, de xeito que os monitores e educadores de diferentes comunidades poden compartir as súas metodoloxías de enseñanza e aprender us dos outros, enriquecendo así a calidade da educación en xeneral.
  • En definitiva, estos campamentos son encontros e oportunidades inmellorables pra que os alumnos e alumnas non solo aprendan contidos específicos, senón que tamén medren como persoas, fortalezan a conciencia lingüística e cultural, e constrúan pontes entre diferentes territorios que comparten un valioso patrimonio común.
  • Pra el alumnado del Eo-Navia sería úa experiencia moi enriquecedora que algún día, condo a censura e a falta de sentido común das autoridades lingüísticas asturianas acabe, será posible.
Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.