Gracias á subención del Ministerio de Cultura, a través da Dirección General del Libro, del Cómic y de la Lectura *, Axuntar pudo fer outra casía máis que foi colocada a finales de agosto nel lavadeiro de Prelo (Boal).
Aquí atópase mui ben acompañada por atrapasoños e mandalas feitos a gancho por úa vecía da zona.
Ademais tamén ta rodeada por dous preciosos carteles:
-Un que fala da vida alredor del auga:
A vida nas nosas fontes
Nel noso territorio atopamos plantas, arbustos e árbores mui relacionadas coas fontes, coel auga. Entre ellas, el precioso e discreto BINTEIRO, arbusto da familia das caprifoliáceas, cun tronco con muitas ramas de médula brancas, follas adentadas de color verde escura, flores brancas e aromáticas e fruito de color negra. A súa madeira utilízase en tornería; as follas, flores e a arna tein propiedades medicinales e tamén se relacionan con varias tradiciois, conxuros ou rituales da noite de San Xoán.
Na nosa zona a voz máis común é binteiro, usado nos concellos de Castropol, A Veiga, Boal, Santalla de Ozcos, Samartín de Ozcos e San Antolín de Ibias. Ás veces alterna con benteiro ou beneito. El étimo é BENEDICTUS, “bendito”, nome que a sabiduría popular dá a algúas plantas por as súas propiedades curativas en tratamento de catarros, inflamaciois nos ollos e na garganta, curación de feridas, erisipela… e porque sirve de base pra pomadas e ungüentos. Tamén se usaba antiguamente prá fabricación (a cargo de nenos e nenas, afiladores, capadores e pescadores) de xipros.
Usos del binteiro:
-Nos Ozcos, con ramas dese arbusto, os nenos fían carricois, chamados en Boal ciquitas, especie de xiringas coas que tiraban augua en tempo de Antroiro.
-En Villallón colgaban un ramo de binteiro nos gallineiros pra salvar da peste ás pitas
-En Eilao puían us ramíos na base das medas pra que as culobras non podesen subir a ellas.
-En Serantes e Tapia danlle ás vacas sete (7) ramíos de binteiro de tres (3) follas cada un condo se presenta un mal parto -3, 7 e 9 son números máxicos e cabalísticos mui frecuentes.
-En Boal curaban as llombrigas cortando nove (9) ramos de binteiro a medida del pé del neno que taba enfermo e decían un conxuro de números decrecentes; despós queimaban os ramíos e, mentras se recitaba el conxuro, el curandeiro sostía un dos ramallos encima del pé del neno/a. Esta operación había que fella tres (3) días consecutivos.
El conxuro era este:
As llombrigas eran nove,
de nove volvéronse oito,
de oito volvérnonse sete,
de sete volvéronse seis,
de seis volvéronse cinco,
de cinco volvéronse cuatro,
de cuatro volvéronse tres,
de tres volvéronse, dúas,
de dúas volvéronse úa.
Todas las corto,
non sendo a Villarreal;
aquela non la corto
nin lle fago mal.
Ofrezco a Dios e á Virxen María
un padre nuestro e un Ave María.
-En Prelo hai constancia del uso del binteiro (Digitalis nigra) e dos estallois – estoupois, campanías, ballocos, dedaleira ou herba de San Xoán- (Digitalis purpurea) na noite de San Xuán, Esta noite é el solsticio de verao, e nela realízanse el ritual das fogueiras, el simbolismo das fontes e a “flor del auga” (auga del rocío ou primeira canada recollida núa fonte ás primeiras horas del ameicer desa noite); ademais, as plantas recollidas nesa noite ou madrugada forman parte das tradiciois comuis aos poblos europeos que lles otorgan poderes especiales xa que nesos días a intensidá solar aumenta e hai úa gran floración. É por eso que en Prelo recollíanse, a véspera dese día, ramos de binteiro e estoupois que se deixaban al sereno toda a noite e al ameicer fincábanse nas portas e paredes das casas na crenza de que San Xoán taba escondido entre as ramallías pra impedir a entrada das bruxas (si quedaban entradas sen protección, as bruxas entrarían e as mullleres romperían muitos pratos durante todo el ano).
-Contan en Grandas de Salime que a herba de San Xoán, plantada neta fecha, é de bon augurio se a pranta medra cara riba; pero preludia algúa desgracia, se medra cara baxo. Outro costume é colgar en portas ou paredes mañuzos pra protexer aos moradores del mal de ollo, das bruxas ou dos malos espíritus.
-En Merou, al ameicer del día de San Xoán, puían cruces con ramíos de binteiro e os vecíos llavábanse nas fontes, que adornaban por esos días.
-En Brañamaior tamén levaban el binteiro, recollido na víspera, á fonte. El primeiro que chegaba deixaba allí el ramo de binteiro e collía a “flor del augua”.
-Nos Mazos a “flor del augua” recollida nas mesmas condiciois servía pra amasar pan sen formento. Tamén servía pra peinarse, llavarse, curar enfermedades dos ollos ou da pel ou prás vacas enfermas.
COIDEMOS DEL NOSO BINTEIRO E DAS NOSAS FONTES
E ASÍ CUIDAREMOS DA NOSA CULTURA E DA VIDA.
Toda a información deste documento foi extraída del artículo “El saúco entre Galicia y Asturias” de Dámaso Alonso. Obras completas, Estudios Lingüísticos Peninsulares, Libro I, Editorial Gredos, S. A., pax. 359 e segs. 1972; e del Dicionario del galego de Asturias de Carlos X. Varela Aenlle, Servizo de Publicacións Universidade de Vigo, 2021. El conxuro contra as llombrigas foi recollido por Constantino Cabal, escritor e periodista considerado un dos maiores estudiosos da cultura e folclore de Asturias.
Un dos informantes de Dámaso Alonso -que el propio autor refire- foi Vicente Loriente Cancio, fundador da Biblioteca Popular Circulante de Castropol.
-E outro, un Poema de Quique Roxíos:
Silenciosa fonte
A aldea fundiuse nel desánimo
das oportunidades escachadas,
dos fillos descarreirados,
dos ecos dúa resistencia
e dos hábitos esmolidos.
Na aldea, a fonte calaba.
-Tou tranquila,
ouguíuselle murmurar.
Quique Roxíos, en Abraço de culturas, 2022.
*