El Ministerio de Cultura financia un programa de Axuntar

NOTA DE PRENSA

Axuntar recibe úa subvención del Ministerio de Cultura mentras é castigada por el Principado e non recibe axudas autonómicas pra os sous distintos proxectos por non aceptar a normativa lingüística imposta por el  Principado e a Academia da Llingua Asturiana.

El feito real é que El Goberno de España apoia al galego como idioma transfronteirizo e, por contra, el Principado castígalo e marxínalo e, frente á censura del Principado, el  Ministerio de Cultura concede a Axuntar, asociación prá normalización del galego de Asturias, úa subvención dentro del programa de fomento da lectura nel mundo rural, polo proxecto “PANQUEIXA. QUE OXALÁ FLOREZCA MIL PRIMAVERAS MÁS”.

Entrevista al Presidente de Moisés Cima Fernández

A situación pon en evidencia a actuación del Goberno del Principado de Asturias que  nega úa subvención a Axuntar por ‘incorrección gramatical’. A negativa xustifícase en que non usamos a “anormalidade” que supón a normativa da Academia da Llingua Asturiana, senón “úa normativa máis próxima á reiz galego-portuguesa, como corresponde á nosa lingua”. 

Desde a comunidade autónoma, e cun goberno del mesmo signo político, perséguese a este idioma e marxínanse ás súas decenas de miles de falantes, impoñendo úas normas que non se axustan á dignidade lingüística da zona galego falante de Asturias, coa evidente intención de romper todo vínculo coel tronco galego-portugués, como se evidencia tamén na imposición desde a administración del Principado -en cursos, convocatorias, leis, na educación…- da denominación “eonaviego”, coa intención de obviar el nome de galego, negando así a realidade lingüística e científica.”

Proxecto Panqueixa. Que oxalá floreza mil primaveras máis ten por obxectivos crear úa biblioteca popular del Eo-Navia, estendendo el interese pola lectura, os libros e pola cultura en xeral, especialmente na nosa lingua: el galego de Asturias, úa variedade dialectal da lingua galega, dentro del  Bloque oriental e da chamada Área asturiana, que debemos -e queremos- protexer e impulsar. Con esta bibliotec,a a asociación rememora úa institución creada en Castropol en 1921 -a Biblioteca Popular Circulante (BPCC)-, que foi iniciativa de oito estudantes del Concello que denunciaban nun manifesto a alarmante situación cultural que vivía a comarca e a necesidade de fomentar a propagación da cultura. Aquela institución foi recoñecida polo Instituto Internacional de Cooperación Intelectual da Sociedade de Naciois que consideraba que a BPCC representaba un caso particular na historia das instituciois bibliotecarias e un fito dentro das iniciativas fundadas nel medio rural.

El proxecto presentado pola asociación Axuntar situouse nel posto número 10 dun total de 22 proxectos subvencionados na resolución final da Secretaría de Estado de Cultura (dun total de 36 aceptados e 67 presentados). “Deste proxecto  beneficiaríase toda Asturias porque lo que se promove é a cultura: a lectura, os libros, as bibliotecas, el “bookcrossing”, a escritura e a creatividade florecen nel noso territorio e oxalá florezan mil primaveras máis, a pesar dos obstáculos e impedimentos que a nosa propia comunidade nos pon.” 

Axuntar considera que, na actualidade, por novas e vellas circunstancias, “é necesario recuperar el espírito e a iniciativa de fomento da lectura nunha comarca rural desfavorecida pero na que pervive úa riqueza cultural que é necesario preservar e poñer en valor.”

Outro dos obxectivos del programa é participar nel movemento internacional del Bookcrossing (intercambio de libros). Esta iniciativa nada nos Estados Unidos, considera el mundo enteiro como úa biblioteca sen límites xeográficos e así integrar os nosos concellos ou municipios nesa rede mundial é poñelos nel mapa da cultura. Queremos tamén impulsar el patrimonio etnográfico en desuso e convertelo nun punto de intercambio de libros, democratizando e facilitando así el acceso á lectura. Esperamos animar a ler, a escribir de forma creativa e a usar a nosa lingua en todos os contextos e situaciois, de maneira que sexa cada vez máis usual e normal a súa utilización e aceptación, non solo nel ámbito oral -que xa é moi habitual – senón tamén a nivel escrito e en contextos que abarquen outros ámbitos (administrativos, xurídicos…) que non sexan solo os rurales, os cotidiais e os familiares.

As nosas actividades:

Desde Axuntar xa tamos realizando un curso de escritura creativa “na nosa web”; colocando carteles e caixas de lectura en diversos puntos da comunidade autónoma e fóra dela; organizando a Biblioteca popular “Manolo Marinero”, comprando libros e difundido a lectura a través del intercambio de libros  nas casías lectoras de libros ceibes; acondicionado varios espazos en desuso e casetas abandonadas -converténdolas en espazos de lectura-. Tamén editamos libros -en papel, sonoros e traducidos al braille- con poemas e microrrelatos de escritores del Eo-Navia.

E non solo esto, sinón que tamén puxemos en marcha a iniciativa de levar a poesía ás calles e aldeas, escribindo haikus en paredes, en fontes e lavadeiros e cubrindo muros con frases de Acción poética. El movimento Acción Poética é un fenómeno literario e artístico que comenzou en Monterrey, Nuevo León, México en 1996.​ Ten como fundador al poeta mexicano Armando Alanís Pulido e consiste en rotular fragmentos de poesía (sempre sobre muros brancos e con letras maiúsculas negras).

Axuntar é úa asociación cultural sen ánimo de lucro, cuxo obxectivo é normalizar el idioma galego en Asturias, nos 18 concellos en que é lingua propia (na zona Eo-Navia), e impulsar relaciois con comunidades e estados que incentiven a cultura da sociedade desta comarca asturiana, especialmente cos concellos limítrofes de Galicia, del Bierzo (Castela e León), de Zamora e del Val de Xálima (Cáceres) valorizando el carácter transfronteirizo dos idiomas e da cultura.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *