Literatura galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro

A Universidade de Vigo envíanos a ligazón pra poder acceder al libro completo: Literatura galegoasturiana. Poesía, Prosa, Teatro, de Xoán babarro, Suso F. Acevedo e Rita Bugallo.

Desde Axuntar agradecemos a UVIGO este agasallo coel que ganamos todos e todas. Como se afirma na introdución del libro:

“… mantéñense os dous criterios: persoas que utilizan o material lingüístico común e persoas que rexistran só formas locais. A iso únese a ortografía. Hai quen ten como referente as normas da Real Academia Galega, quen prefire as da Academia de la Llingua Asturiana, quen segue modelos lusistas e quen se decanta por unha opción persoal, ignorando calquera proposta estandarizadora. Malia esta situación, é máis o que nos une a todos ca o que nos separa e a vestimenta gráfica non borra a galegoasturianidade, un aspecto cohesionante a termos en conta para defender unha lingua cunha chea de factores en contra para a súa existencia.

Oxalá este libro servise pra eso: pra cohesionar e pra fer que os factores en contra da existencia da nosa variedade dialectal desaparezan.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *