Pablo Trabadelo Vilabrille

Escritor de A Veiga, é membro del colectivo Entretene – mos di Panch. Escribe tanto poesía, como teatro, prosa, guiois… cúa voz actual, visceral e comprometida que fai que nos sous poemas atopemos algo de todo e muito del cotián trascendendo al universal.

Vaso vai vaso ven viño verbena
San Xosé Taramunde 1980
a Manolo de Lucas fóiselle das maos agora durme
retorto nos asentos traseiros dun Simca
“dai de mamar que tien fame cantai suavín que tien sueñu”
a cinta de Víctor Manuel canción vai canción ven acabou a verbena
San Xosé Taramunde 1980 serán as dúas da mañá
a Pacita de Ferreirous que é aínda inocente non lle queda outra que esperar
morta de frío no asento do copiloto dun Simca
“poni la albarda a la burra vamos marchar d’esti pueblu”
ronquido vai friaxe ven Víctor Manuel canta seguido as mesmas cinco canciois
San Xosé Taramunde 1980 van dez voltas de cinta
Manolo de Lucas e Pacita de Ferreirous nun Simca falan baixiño
él dice dame voltas a cabeza ela dice un día hei sacar o carné de conducir
“y vámonos lexos cuantu más meyor que Herodes ta llocu y nun tien razón”.

Poemario Jaloffeim. Editorial Toxosoutos

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *