
Chéganos esta queixa al noso buzón:
Cambios recentes nos carteles da AS12: Concejo de Grandas de Salime (Concello) transformado agora en *Conceyu de Grandas.

El uso da toponímia pra desvincular el idioma propio del Concello de Grandas e de todo el territorio asturiano de idioma galego é un auténtico atentado cultural. Postulados de orden político e identitarios son usados pral exterminio amable del galego como idioma propio de Asturias.
Estos atentados contra a toponimia vulneran el dereto lingüístico dos falantes de úa lingua a identificar el sou territorio e el sou Patrimonio cultural na súa propia lingua.

A toponimia dun territorio debe reflectir a lingua historicamente falada nese lugar porque manter úa toponimia núa lingua allea (nel caso del cartel que nos ocupa, dúas) discrimina aos falantes da lingua propia al non recoñecerlles el sou dereto a utilizar a súa lingua en todos os ámbitos, incluíndo a denominación del sou territorio. Escribir en galego de Asturias cúa norma que lo alonxa del galego e lo convirte núa sorte de cuarto bable é un acto de discriminación lingüística que se aproveita da indefensión propiciada pola diglosia dos habitantes del territorio. Ademais, a súa substitución implica a perda e el cuestionamento del Patrimonio inmaterial que os topónimos encerran en si mesmos.
Por si todo lo anterior fose pouco hai que destacar que a alteración dos topónimos xenera nos habitantes autóctonos un sentimento de desarraigo e perda de conexión coa súa historia.
Son muitos os topónimos oficiales del Concello de Grandas (e tamén doutros muitos concellos) que tán a propiciar a substitución lingüística e el abandono del galego como lingua propia da parte máis occidental de Asturias: Busmayor, San Julián, Samayor, Vilarmayor, Valiamayor,…

Na web temos un enlace á nosa toponimia e tamén un «posto de vixilancia» nel que vamos anotando as substituciois/deturpaciois/asturianizaciois/españolizaciois/e demais aberraciois que se producen neste campo.
Seguide enviándonos as vosas «queixas» e darémoslles voz!!!