-Nel Dicionario del galego de Asturias, de Varela Aenlle:
rinchín. V. reichín (Castropol, Navia, Boal, Villaión, El Franco, Tapia de Casarego, Eilao, Coaña). 2. V. paporrubio (Boal).
reichín. s. m. Nome común de diversas especies de insectos coleópteros da familia dos coccinélidos. Teñen o corpo globuloso, normalmente negro, cos élitros vermellos ou amarelos punteados en escuro. Son insectos carnívoros, que se alimentan de pulgois. A especie máis coñecida é a Coccinella septempunctata (Reichín, reichín, vai decir a tou padrín, que mañá Dios traiga un bon día de solín).
reinchín. V. reichín (Boal)
reirrei. V. reichín (Taramundi, A Veiga).
Nel Dicionario da RAG:
reirrei: substantivo masculino(Coccinella septempunctata)Insecto da familia dos coccinélidos, de forma arredondada e élitros de cores vivas, xeralmente vermellos con sete puntiños negros.Os rapaces xogaban co reirrei ao ” Reirrei para onde casarei? “.
SINÓNIMOS barrosiña, coccinela, maruxiña, papasol, papoia, voaniña, voíña, xoana, xoaniña
Aquí recollemos un estudio mui interesante escrito por Fermín Bouza Brey * sobre os nomes que a cocinella septepuntata recibe en Asturias e Galicia. Trátase dun artigo publicado pola Revista de la Universidad de Oviedo, titulado “Onomástica tradicional de la Coccinella en Asturias”.
Nel afirma que inicia este traballo despós de ter recollidos os nomes da “Digitalis purpurea” e que “presenta unidos los nombres de las dos regiones, Asturias y Galicia, ya que el Occidente asturiano por el cual se extiende el habla gallega es complemento léxico indispensable para el estudio de la lengua gallego-portuguesa“.
Refírese á nosa zona como “la península pésica”, “la mesopotamia del Eo y del Navia”… e recolle os diversos nomes que existen afirmando que todos derivan de “REI” (nome tradicional propio da Galicia oriental) coel diminutivo “-ín” característico de Asturias.
Recolle os seguintes nomes:
REICHÍN: en Villapedre, A Braña, Candaosa, Tol, A Veiga, Tapia. (Comenta nel sou artigo que Acevedo y Huelves dá pra Boal tamén el nome de REICHÍN, ademais del que el propio Bouza Brey recolle)
"Reichín, reichín,
abre as alas e vei decirlle al meu padrín
que mañán é sábado e que faga un bon toucín".
(Boal)
REICHO: na Veiga.
RINCHÍN: Serandías, Boal, Vidural, Ponticella, Matafollada, Arbón.
REINÍN: Sampol.
En Boal temos el seguinte cantar:
RInchín, rinchín,
vei buscar al tou padrín,
comendo pan e toucín.
- * Fermín Bouza Brey é un historiador, etnógrafo e escritor, nacido en Ponteareas nel ano 1901, creador del movemento da literatura galega conocido como Neotrobadorismo. Dedicóuselle el Día das Letras Galegan en 1992.