Isabel García Millán

Isabel García Millán, mestra dúa escola unitaria en Ombre (Pontedeume), palentina e neofalante en galego, envíanos úa canción composta pra cantar coel sou pequeno alumnado, xunto con úa dedicatoria:

Adicado ás palabras que nos liberan, ás verbas das que gozamos e que nos permiten ser felices cos seus significados. Adicado, sen lugar a dúbida, aos libros que as conteñen, a eses espléndidos contedores de ideas que ilumiñan o coñecemento e albergan a humanidade que nos permite vivir con dignidade. Ese é o libro aberto de papel, cun corazón dentro del, do que fala esta canción. E adicado ás palabras e aos libros que contén a páxina web da Asociación Axuntar, palabras que nos unen”.

 Corazón de cartón

Son un libro aberto de papel,
cun corazón dentro del.
É un corazón de cartón
que necesita protección.
As súas ás están feitas de ideas
que voan, viaxan e planean.
É un corazón que se ilumina
con toda historia que habita.
É un corazón que latexa lento
cando nel aniña algún Conto.
É un corazón que se acelera
cuando nel habita unha novela.
É un corazón que palpita
cando unha historia alí crepita.
É un corazón que vai rodando
cando as historias vai contando.
É un corazón que vai correndo
cando as historias van viñendo.
Son un libro abierto de papel,
cun corazón dentro del.
É un corazón de cartón
que necesita protección.
Comparte

1 comentario en “Isabel García Millán”

  1. Pingback: Temos regalos – Axuntar.eu

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *