Esquela en galego de Asturias

Axuntar transmite el sou máis sentido pésame aos familiares de MGA e informa da noticia publicada nel diario La Voz de Galicia sobre el feito de ser úa das primeiras veces que se publican esquelas en galego de Asturias.

Úa anterior niciativa destacable é a de Inmaculada Folgueiras Bermúdez que, nel cemiterio de Santiso de Abres, colocou úa pequena plaquía de cerámica dedicada al paimai i a un irmao cun “Xuntos pra sempre” que representa úa historia de amor familiar.

Esas placas ou esquelas de acordanza tein el valor tamén de ser úa esperanza na dignificación del idioma propio e un exemplo na superación da alienación que algún día terá que ser vista con normalidá nas terras eonaviegas.

Al hora de fer úa rápida radiografía del estado de salú dun idioma nun determinado lugar, hai un sistema que resulta ser un dos criterios máis significativos e que nos transmite úa información mui certeira: a visita aos cemiterios.

Muitas persoas relacionan estos lugares unicamente coas persoas falecidas e non coas vivas, que son as responsábeis de atender esoa recintos e de colocar as placas cos textos que alí lemos, mais condo úa familia é capaz de romper un costume ancestral alienante -como é cambiar de lingua condo non é necesario- e decide recordar aos sous defuntos na lingua de uso familiar coa que falaban con ese familiar querido , esa familia ten un sentido de respecto ás sous raigaños moi forte. Superar el medo “al que dirán” pode abrir portas a úa rexeneración cultural, tamén a través de iniciativas de carácter íntimo.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *