Como non celebrar un día tan especial prá lingua galega?

E hai úa maneira particular de felo. A Fundación Rosalía de Castro (Padrón) leva anos celebrando el 23 de febreiiro animando aos hosteleiros galegos e tamén de fóra de Galicia (e xa hai muitos que participan) a fer el CALDO DE GLORIA, receita sacada del Poema rosaliano «Miña casiña, meu lar».
Este é el Poema:
‘Miña casiña, meu lar’
Miña casiña, meu lar,
cantas onciñas
de ouro me vals.
Vin de Santiago a Padrón
cun chover que era arroiar,
descalciña de pé e perna,
sin comer nin almorzar.
Polo camiño atopaba
ricas cousas que mercar
i anque ganas tiña delas
non tiña para as pagar.
Nos mesóns arrecendía
a cousas de bon gustar,
mais o que non ten diñeiro
sin elas ten que pasar.
Fun chegando á miña casa
toda rendida de andar;
non tiña nela frangulla
con que poidera cear.
A vista se me varría
que era aquel moito aunar.
Fun á porta dun veciño
que tiña todo a fartar;
pedinlle unha pouca broa
e non ma quixo emprestar.
As bagullas me caían
que me fora a avergonzar.
Volvinme á miña casiña
alumada do luar;
rexistrei cada burato
para ver de algo atopar:
atopei fariña munda,
un puñiño a todo dar.
Vino no fondo da artesa,
púxenme a Dios alabar.
Quixen alcende-lo lume,
non tiña pau que queimar.
Funllo a pedir a unha vella,
tampouco mo quixo dar
si non era un toxo verde
para me facer rabiar.
Volvín triste coma a noite
a chorar que te chorar.
Collín un feixe de palla,
do meu leito o fun pillar.
Rexistrei polo cortello
mentras me puña a rezar
e vin uns garabulliños
e fieitos a Dios dar.
Meu San Antón milagroso,
xa tiven fogo no lar!
Arrimei o pote ó lume
con augua para quentar.
Mentras escaravellaba
na cinza, vin relumbrar
un ichavo da fertuna…
Miña Virxe do Pilar!
Correndiño, correndiño
o fun en sal a empregar.
Máis contenta que unhas páscoas
volvín a porta a pechar
e na miña horta pequena
unhas coles fun catar.
Con un pouco de unto vello
que o ben soupen aforrar
e ca fariñiña munda
xa tiña para cear.
Fixen un caldo de groria
que me soupo que la mar,
fixen un bolo do pote
que era cousa de envidiar.
Despois que o tiven comido,
volvín de novo a rezar
e despois que houben rezado
puxen a roupa a secar,
que non tiña fío enxoito
de haber tanto me mollar.
Nantramentras me secaba
púxenme logo a cantar
para que me oíran
en todo o lugar:
Meu lar, meu fogar,
cantas onciñas
de ouro me vals.

Se queres probalo, esta é a receita que debes seguir. Necesitarás fabas brancas, unto, repolo, cimois, patacas e un pouco de sal. El caldo de Rosalía de Castro é un símbolo de humildade e tamén da pobreza que nel Poema se describe; é simple pero nutritivo e calenta nel inverno; non leva carne (un sustento que era un privilexio na época), aínda que pode incluir un óso de terneira ou espinazo de cerdo -pezas mui baratas-. E ta ben rico!
-En primeiro lugar, debes poñer a remollo as fabas e deixalas 12 horas.
-Despós pon a calentar a lume lento úa pota con auga. Úa vez te en ebullición, inclúe el unto (aprox. us 20 gramos).
-Tras úa hora e medio fervendo (el caldo de gloria require tempo), bota as patacas e condo estas tén cocidas, bota a verdura (podes escoller entre cimois ou repolo, ou usar os dous tipos de verdura).
-Deixa que a verdura ferva úa media hora máis e, al rematar, retira el unto (e el óso de terneira, si lo ameciche).
-Xa solo queda que el CALDO DE GLORIA repouse media hora e disfrutalo.
Aquí podes ver a receita en vídeo.

Le este artigo de Cristina Pato sobre el caldo de gloria.

E tamén este día, non é casualidade (coincide coel 188º aniversario del nacemento de Rosalía de Castro)., hai úa gran manifestación convocada en Santiago de Compostela con un berro único pra defender a lingua galega baixo el lema «LINGUA VITAL, XA!» nel que participarán delegaciois proveñentes de Cataluña, el País Vasco e da Rede Europea polas Linguas.