Colleita de opiniois: A Armengol e Lastra

Por Begoña martín

Ás señoras Armengol e Lastra, por motivos dispares

Nel Eo-Navia tamos de celebración: por fin vamos poder usar a nosa lingua nel Congreso dos Deputados.

Hai un par de días a presidenta del Congreso, Francina Armengol, anunciou que se poderían usar na Cámara Baxa as tres linguas cooficiales del Estado español: catalán, euskera e galego. Por tanto, sra. Armengol, gracias, merci, eskerrik asko e grazas, porque con esa decisión España é hoxe máis libre, máis culta, máis rica, máis tolerante e máis real e diversa.

A reiz deste anuncio da presidenta, a socialista asturiana Adriana Lastra comentaba que xa enviara a Armengol a petición de poder usar el asturiano nel Congreso aínda que “veía difícil” a decisión porque el asturiano “no es un idioma oficial”. Pero el noso, sra. Lastra, sí é un idioma oficial. El noso, a variedá lingüística del galego, pertenecente al Bloque Oriental, Área asturiana, que comprende 18 concellos del Eo-Navia e el Concello lugués de Negueira de Muñiz, sí que é oficial, Por tanto, sra. Lastra, esperamos que anime a todos os deputados e deputadas asturianas, capaces de empregala, a usar a lingua oficial que temos en Asturias, inda que el goberno asturiano non se digne reconocela como tal nin nos facilite a súa normativización nin a súa normalización,

 

BMAcero, setembre 2023

 

 

 
 

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *