Outro ano máis vamos coas nosas palabras del mes.
Este ano 2025 vamos dedicalo al campo semántico del pan.

Así que en xeneiro, recollemos FARAGULLA.
Pero antes de FALAR DAS FARAGULLAS, vamos fer úa pequena introdución a este mundo:
Prá elaboración del pan hai que seguir estos cuatro pasos:
- -Calecer el forno.
- -El amasado dos ingredientes.
- -El repouso da masa pra que fermente e levede.
- -El cocer nel forno.

Lo primeiro que había que fer era calecer el forno con todo tipo de materiales combustibles: xestas, troncos, cascas, reices…
Mentres iba calecendo el forno, preparábase a masa del pan na maseira ou artesa cos seguintes ingredientes: auga, formento, sal e faría. Esta última podía ser de trigo, centén ou meiz e había que peneirala antes de usala, pra sacarlle todas as impurezas. Del primeiro pan que se cocía, deixábase un pouco de masa na maseira prás seguintes fornadas, e así xa se convertía en formento. A esta masa primeira chamábaselle guía e cada un dos usuarios del forno collía un pouco da que xa había na maseira e deixaba un pouco da súa masa pral seguinte usuario.

El proceso de amasado requería muito mimo, amecendo pouco a pouco a faría coel auga temprada, que leva dentro disolvido el sal, e eso fíase na maseira. El amasado solía ferse coas mans. A medio amasar amecíase el formento. que adoitaba ser un pouco de masa dúa fornada anterior. Continuábase mesturando contra el fondo da maseira. A masa taba lista condo ligaba e formaba alredor coma úa especie de velo.
Úa vez a masa lista, deixábase repousar tapada cun pano limpo pra que formentase e inchase. Lo normal era que el bolo de masa aumentase tres veces el sou tamaño inicial.
Condo el forno taba calente, limpiábanselle as brasas cun rodo e as cinzas cúa vasoira de xesta.

Úa vez limpio el forno, coa axuda dúa pa de madeira de mango longo íbanse colocando ordenadamente os bolos de masa dentro del forno. Al rematar de colocar os bolos, pechábase ben e había que esperar entre úa e dúas horas, dependendo del grosor da masa e da cantidade de pan, asta que el pan tuvese listo pra comer.

Foto de Quique Roxíos
Condo el pan xa taba ben cocido, sacábase del forno e guardábase na maseira.
Antes de metelo al estómago había que deixalo arrefriar un pouco, xa que calente podía sentar mal.
E agora vamos xa coas FARAGULLAS…
–Nel dicionario de Varela Aenlle:
faragulla. s. f. Cacho pequeno de pan. 2. Porción pequena dunha cousa. 3. Persoa ou cousa pequenas. // Aprovetar ben as faragullas. Aproveitar todo. 2. Vivir na penuria. // Nin faragulla. Nada. // Quedar feito faragullas. Quedar mal, escarallado.
faragullada. s. f. Conxunto de faragullas. 2. Conxunto de cousas pequenas. faragulleiro. s. m. Conxunto ou lugar onde hai moitas faragullas.
faragullín. s. m. Momento (Veu hai un faragullín).
faragullo. s. m. Espazo curto de tempo. 2. V. faragulla 1ª, 2ª e 3ª acep. 3. pl. Masa frita na tixela esmiuzada antes que calle.

–Nel Dicionario da Rag:
faragulla. Para todas as acepcións SINÓNIMO frangulla. substantivo feminino . 1 Anaco moi pequeno que se solta do pan ou doutros alimentos feitos con fariña, como as galletas ou os doces.Que non che caian faragullas ao chan, que despois hai que varrelas. SINÓNIMOS fungalla, miga, migalla, migallo. 2 por extensión Porción pequena de algo que se esnaquiza, por exemplo, pedra, vidro ou algo similar.Tirou co prato ao chan e del só quedaron as faragullas.
Del mesmo campo semántico temos:
Fornada, maseira, basoiro, boroña, formento, peira, basaxe, papas, roxar, rodallo, meiz, centén, espilir (espillir), torrar, medida, miolo, cortella, cortellín, peneira…
E muitos-as recordamos estas frases que nos dixeron de nenos-as:
-El meu avolo decía: «… un faragullisquín de miolo».
-To decíame: «toma un cortellín de pan, nía».
-Decía el meu vecín: «Atésate a ese cantelín de pan, neno».