Xuntanza de Axuntar e a Irmandade naviega

Axuntar e a Irmandade naviega realizaron el sou I ENCONTRO el venres 30 de agosto na vila lucense. Pra que a Pobra de Navia de Suarna entrase tamén na campaña internacional de lectura, nel “bookcrossing” ou intercambio de libros, regalámoslles úa das nosas casías lectoras, conseguidas gracias á subvención que el Ministerio de Cultura nos acaba de conceder e tamén un lote de libros:

Ese día de encontro ademais escribimos úa frase de ACCIÓN POÉTICA nun dos muros que el Concello nos proporcionou na vila. Os acordes del son da gaita tocada polo gaiteiro de Serandías, Luis de Patas, acompañaron e vestiron os actos con pezas da música tradicional galega e asturiana.

Despós dun xantar colectivo fixemos un paseo poético delantre da deusa Navia.

Entre outros poemas, Beatriz Dourado leunos este, inspirado núa historia que lle contaron os sous familiares:

os nomes das casas

os nomes das casas
soterran baixo pedra húmida
a vontade de sermos
(casa do ferreiro
casa do xastre
casa do crego)
viñemos ocupar o espazo
delimitado polo cable do pastor
_e ti por que levas as pernas
rabuñadas polas silvas?

A poetisa Sonia Melón en representación del colectivo literario Os Nabos de Gracián leunos tamén un fermoso Poema dedicado al noso río.

Desde Axuntar agradecemos á Irmandade naviega todos os preparativos pra poder levar a cabo este I ENCONTRO entre asociaciois unidas pola lingua galega e polo río Navia.

Volvemos cun bon sabor de boca, coa satisfación del “traballo” feito e quedámonos cúas palabras dos nosos anfitriois:

“Grazas por deixarnos en Navia poesía e cultura”.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *