#PararllesOsPés V

A poesía como ferramenta

Seguimos coa campaña, iniciada hai us días pedindo respecto pra el galego de Asturias, con este Poema que Axuntar acaba de recibir como regalo pra #PararllesOsPés.

Neste Poema que nos envía Pablo Trabadelo (“colaboro como millor sei”) aparece a súa mirada-visión particular del mundo. Ta nel el sou universo de versos combativos, furiosos -como él mesmo dice-, cheos de forza, que funcionan como úa ferramenta de renovación, como úa maquinaria de ataque e luita. Engranaxes revolucionarias. Porque hai veces que non se pode ser neutral.

A súa poesía contén versos provocadores, vanguardistas, potentes, convincentes, rotundos… acompañados de metáforas, personificaciois, neoloxismos de creación propia e -parecen- cargados de expresiois del sou mundo cun lixeiro toque de humor amargo. Son versos que denuncian as inxusticias sociales, políticas e lingüísticas deste país chamado Asturias. Porque, como decía el poeta arxentino Aldo Pelegrini nel artigo “La acción subversiva de la poesía”: Lo poético no reside sólo en la palabra; es una manera de actuar, una manera de estar en el mundo y convivir con los seres y las cosas.

Con el Poema de Trabadelo, invitámosvos a reflexionar.

“Eonaviego, ou o poder que vai, e vai con todo”


Cando o poder, na súa forma
de sempremorte,
de sempredente,
de ministerio ou de
viceconseyeiría,
ule presa no que tal vez
pasara sen notar ou parecera
cousa distinta, vai,
e vai con todo.
E se é necesario movilizar
as forzas vivas e os continentes
e que un país de Asia compita e gane Eurovisión e a Eurocopa de baloncesto,
e que a reciella (1) e os poetas sabios se conxuguen
pra se inventar do caos de isoglosas unha lingua
máis aló do caos e a opinión
ca que facernos fortes nun castelo en ruinas
dinamitando as pontes pra ter unha
identidá independente,
pois o poder xunta daquí e daló
e vai,
e vai con todo.



Vésperas do II Xuntoiro, en pleno debate interno sobre o apóstrofo e a acentuación gráfica dos ditongos decrecentes, novembre 2023

(1) Se non sabedes o que é, buscádelo, que esto é poesía furiosa e estades no mundo web.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *