Premio BABEL 2025

Claudio Rodríguez Fer, poeta en galego, acaba de recibir el premiro BABEL 2025, un premio que reconoce a persoas cun traballo literario que elimina e supera a simboloxía da Torre de Babel: el el illamento lingüístico e moral.

«O poeta, narrador e ensaísta en galego Claudio Rodríguez Fer, director da Cátedra José Ángel Valente de Poesía e Estética da Universidade de Santiago de Compostela, acaba de ser galardonado co Premio Babel de Literatura 2025 que concede Mundus Artium Press, entidade radicada na Universidade de Texas, en Dallas (EUA), pola «calidade excepcional e a importante contribución do seu traballo» no campo literario. O premio, que se entrega anualmente, «honra persoas que promovan o diálogo literario entre linguas e culturas», pois o escritor lucense conseguiu que a súa escrita en galego sexa un referente do multilingüismo literario mundial a través da tradución». («Nós diario», 17/mar./25 ).

El sou Poema «A cabeleira» é el texto con máis versiois da historia da literatura galega (entre os que figuran, por exemplo, a tradución al romanés, chinés, swahili, quechua e al rapanui, así como al esperanto).

Este é el precioso Poema:

Eu nacín nun país verde fisterra que vagou errante tras manadas de vacas.
Incerto fillo son das tribos móbiles que só se detiveron cando se lles acabou o mundo.
Non teño outras raíces que as da espora nin outra patria habito que a do vento.
Síntome da estirpe daqueles pobos nómades que nunca se constituíron en estado.
O noso espírito coñeceu o abismo e o sentido telúrico do contorno natural.
A nosa historia é a dun pobo que perdeu o norte e se confundiu cos bois.
Pero eu recuperei o norte no medio do naufraxio fluíndo sensualmente da cabeleira da lúa.
E a inmensa cabeleira é labirinto no que soamente falo a quen eu amo.

(Fisterra-París-Courel)

Este é algún outro dos sous poemas:

Ámame anarquista

Ámame anarquista
freneticamente
mentres desato e ceibo
o pano que che enreda
a cabeleira
e libero o teu peito
xa sen freo
xa sen senso
sempre cara a fronteira
roxa e negra
e violeta
ámame cara a esquerda
cara a cara
cara a noite
cara a ti
sempre cara a ti mesma.
Ámame anarquista
mesmo contra ti mesma.


Rodríguez Fer, Claudio (1981): Tigres de ternura.
Comparte

1 comentario en “Premio BABEL 2025”

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.