Estas historias relacionadas coel embalse del Río Navia contábanse por Zadamoño hai muitos anos e son recordos escritos por Rosa Cortizo:

CONTOS DEL MEU VOLO
Volo, cóntame un Conto
daquelos que me contabas:
da culobra del embalse
que dúas cabezas portaba;
de truitas que partían as canas de tanto como pesaban:
da xana que nel regato a súa larga melena peinaba,
chamando aos homes con cántigas e nanas;
dese mouro que tía os dentes como navallas...
Cóntame cómo eran aquelos xatos tan grandes como gabarras,
e daquel día que encontrache
pepitas de ouro na beira del río Navia
e fixiches un dente de ouro que tanto a ti che gustaba.
Cóntame, volo, as brebaxes que sabía fer a bruxa de Brañavara,
os llobos que na serra andaban ás súas anchas
e el medo que tíamos os nenos naquelas noites de esfollada.
Rosa Cortizo
E falando de contos, historias, lendas e seres mitolóxicos…
De pequena, en Boal, sempre escuitei falar del PAPÓN. Inda recordo cómo me imaxinaba que era este personaxe mitolóxico da nosa zona eo-naviega. Debía ter úa gran papada, úa barriga enorme e aspecto de persoa búa, pero… todo esto ocultaba un ser mui glotón, que raptaba os nenos e nenas -choramicas e que durmen mal- pra comelos. Un día caín na calle e púxenme a chorar. Pasaba por alí un neno algo maior ca min que, al verme, dixo: “As nenas que choran, chámanse choramicas!” Qué medo pasei aquela noite recordando a frase! Tía claro que viría el Papón e que me comería dun solo bocado. E por máis que apuraba a dormir, resúltabame imposible, así que el Papón tía dous motivos polos que vir a comerme… sin masticar -decían os contos-.

“Era si, era non, que te comerá el Papón, que túa madre vei na misa e tou padre nel sermón”.
El Papón existe nel Occidente de Asturias e en Galicia. En Extremadura chámase Zamparrón; en Cataluña, Papu; nas dúas Castillas, Tragaldabas, Zampón e Zarrampla; en Euzkadi, Gargantúa; en Portugal chámanse papãos ou bicho-papão e son as máis populares criaturas da mitoloxía lusa. En Asturias hai úa versión feminina: a Zamparrampa, a única muller deste grupo «comedor». Os papois presentan grandes similitudes cos «ogros», xigantes que se alimentaban de carne humana. Pero diferéncianse nun pequeno matiz: non comen cualquer ser humano. Os papois solo comen nenos e nenas! Por eso nos daban máis medo que el home del saco ou que os propios ogros.
Hai outro personaxe mitolóxico del Eo-Navia, concretamente propio da costa: el HOME MARÍN.
El home marin é un ser mui grande con escamas por todo el corpo, us dentes averdosados e na súa cabeza desgreñada os cabelos tein aparencia de oucas. Dícese que se alimentan de nenos e nenas e que sempre que poden mantein relaciois sexuales coas rapazas que atopan alredor del mar, nas praias, cerca del auga… Na Veiga conócese como «El marín». Nel Franco cóntase a historia dun home marín que se dedicaba a espiar ás mozas que iban a úa fonte situada cerca da praia. En Conto algúa quedaba sola, intentaba abusar dela. Cóntase tamén que un día ese home marín foi apresado e morreu de fame tras negarse a comer durante muitos días. Fálase tamén na zona de outro home marín capturado en Porcía, que morreu de pena al verse privado de libertá. «Nos días de galerna, oíaselle proferir grandes risotadas e berros mentras esbatuxaba as augas, fendo salir grandes chorros de auga salada por el bufón de Porcía que chiscaban todos os eiros». El home marin asturiano y los homes mariños de Galicia (davidtebras.com (Aquí atoparedes muitos máis personaxes míticos).
En toda a costa dícese que merodea por el mar en busca dos barcos pesqueiros e, condo los atopa, rompe os sous aparellos de pesca e as redes. Condo hai tormentas achégase pra destrozar os barcos antes de que podan volver a porto e aos mariñeiros déixalos abandonados nel medio del mar.

El home marín ta mui relacionado cos «homes mariños«, personaxes da mitoloxía galega. Xurxo Souto Eiroa (escritor, icenciado en Filoloxía Clásica, director e actor, conocido por ser el cantante da banda de rock en galego «Os diplomáticos de Monte Alto») recolle a historia destos seres e cóntanos: «No patrimonio lendario da cidade da Coruña contamos cuns seres mitolóxicos únicos e exclusivos, pois só aparecen documentados nunha cita que os sitúa nesta auga. Estou a falar dos “homes mariños”. Lembro ben o arrepío que sentín, hai xa cinco lustros, cando lin por primeira vez esta cita de Jerónimo del Hoyo. Tanta foi a emoción que tiven a necesidade de escribir unha novela: O retorno dos homes mariños”.

Esta é a crónica contada por el cardeal Jerónimo del Hoyo, nel século XVII, nel barrio da PESCARÍA da Coruña, da que fala Souto:
“Ás veces téñense visto nesta praia algúns peixes da mesma figura que homes e en todo se lle parecen, fóra que teñen mans e pés un pouco tortos por razón de andar sempre nadando como as rás.
Nas cabezas, peitos e costas teñen unhas espiñas negras e moi delgadas, que mesmo parecen pelos.
Din os mareantes que son presaxio de grandísima pesca e amigos da xente humana, e que lles dan pan.
Falando eu cun mariñeiro honrado dixo que indo cun amigo seu polo porto nun batel saíulle a el un destes peixes. E sacando medio corpo e os brazos da auga agarrouse ao barco e fixo como quen que entraba dentro. E como o mariñeiro comezou a se alborotar e aflixir, o peixe, como se tivese entendemento, soltouse do barco e volveu á auga.
Outros dixéronme que vindo outra vez por dito porto nos seus barcos viron estar un destes peixes virado cara arriba, que tal parecía un home afogado. Achegáronse, para o traer enterrar e o peixe, cando os sentiu perto, afundiuse nas augas.
A estes peixes por semellárense tanto aos homes, chámanlles homes mariños” .
Na literatura galego-portuguesa da Idade Media hai úa historia de úa muller mariña que serve pra explicar a orixe da linaxe gallega dos Marinhos. Trátase polo tanto de úa lenda xenealóxica e nela cóntase el rapto por un cabaleiro de úa muller marina misteriosa e muda e a progresiva integración da misma na sociedá humana. Aparece recollida por primeira vez nel Livro de linhagens del conde de Barcelos (sobre 1344) da seguinte maneira:
O primeiro foi ûu cavaleiro boo que houve nome dom Froiam, e era caçador e monteiro. E andando ûu dia em seu cavalo per riba do mar, a seu monte, achou ûa molher marinha jazer dormindo na ribeira. E iam com ele tres escudeiros seus, e ela,quando os sentio, quise-se acolher ao mar, e eles forom tanto empos ela, ata que a afilharom, ante que se acolhesse ao mar. E depois que a filhou a aqueles que a tomarom fe-a poer em ûa besta, e levou-a pera sa casa. E ela era mui fermosa, e el fe-a bautizar, que lhe nom caia tanto nome nem ûu como Marinha, porque saira do mar; e assi lhe pôs nome, e chamarom-lhe dona Marinha. E houve dela seus filhos, dos quaes houve ûu que houve nome Joham Froiaz Marinho. E esta dona Marinha nom falava nemigalha. Dom Froiam amava-a muito e nunca lhe tantas cousas pode fazer que a podesse fazer falar. E ûu dia mandou fazer mui gram fugueira em seu paaço, e ela viinha de fora, e trazia aquele seu filho consigo, que amava tanto como seu coraçom. E dom Froia foi filhar aquele filho seu e dela, e fez que o queria enviar ao fogo. E ela, com raiva do filho, esforçou de braadar, e como braado deitou pela boca ûa peça de carne, e dali adiante falou. E dom Froia recebeo-a por molher e casou com ela.
Hai outros personaxes mitolóxicos máis nel noso territorio:
Por exemplo, en Castropol existía COROLLAS, un home del saco con quen se asustaba aos nenos e nenas. Dicíaselles, condo fían algo mal: «Vaite levar Corollas».
E tamén existe el NUBLEIRO ou NUBREIRO. Na obra teatral de Manolo Marineno (Xan Cabrito), un dos personaxes é el Nubleiro.

En Galicia (Antropoloxía, Hércules de ediciones XXVIII) reciben el nome de NUBEIROS e son os seres que se encargan de fabricar as tormentas e as sarabias. Son homes altos, vestidos de negro, Outras veces van desnudos e tein un aspecto feo e monstruoso. Dícese que mexan nel polvo e entós se forma úa polvoría que os sube asta as nubes.

A SANTA COMPAÑA:
En fila india camiñan os espíritos polas rúas. Son as almas dos mortos que regresan pra demostrar que a súa presencia segue vixente e pra recordar aos vivos as consecuencias del pecado. Outras veces, el que encabeza a marcha é el alma dun recén falecido que se vai e avisa da súa última viaxe. A Santa Compañía é úa das lendas que máis se relatan nel Eo-Navia, principalmente en Villaión. Condo marcha, apáganse as súas antorchas e desaparece pra sempre. Os vecíos de Ponticella contan que a Santa Compañía desfilaba sen medo polas calellas del poblo. El terror tíanlo os vivos, que non durmían asta ver apagarse as teas.
A GRADE DE OURO:
Conta a leyenda que, nel «Pico de Fiel», a enorme pedra que se levanta en mitade del Navia formando un enorme meandro nel río, aparecéuselles aos mouros, en medio del auga, úa «grade» (úa especie de rastrillo que se pasaba pola terra despois de arar) de ouro. Pero el apeiro era tan grande que, pra rescatalo de entre as augas, foi necesaria a axuda de doois bs (us dicen que eran pintos e outros aseguran que rubios). A pesar dos esforzos, os dous enormes animales non lograron poder tirar da «grade» asta fóra, así que esta srgue baixo as augas esperando a que daquén se faga con ela. Nos últimos anos tamén foi medrando a lenda de que as «xanas» salen a lavar os sous cabelos cada noite de San Xuan nas inmediaciois del «Pico de Fiel», onde, despós, se esconden durante el inverno.
El CRISTO DE MONASO:
Dice a lenda que un día un home camiñaba borracho pola carretera que une as localidades de Castrillón e Sarceda, nel Concello de Boal, e que, en mitade del camín, se topou con úa cruz de madeira, a cual desfixo a paos. Arrepentido, el home acudiu al día seguinte a confesarse coel cura da parroquia, quen lle impuxo a penitencia de levantar nel mismo lugar úa cruz que fose tan sólida que naide puidese derribala nin destruila a paos, tal e como él mesmo fixera coa anterior. Seña verdade ou lenda, o certo é que, al borde da carretera, se levanta esta cruz de pedra que, ademais, sempre se encontra rodeada de flores, que lle regala a xente que pasa polo lugar.
A LENDA DEL PALACIO DE PRELO:
Prelo, un dos poblos máis grandes del Concello de Boal, ten un palacio que foi construído entre os siglos XV e XVL. Dicen as xentes del lugar que sempre houbo «el Conto» de que, un día, el señor del palacio foi cazar e deu orden al cura de non decir misa asta que él non chegase del monte. Pero el sacerdote, cansado de esperar, deciiu comenzar a homilía sen esperar polo señor, quen, condo chegou e viu que el párroco desobedecera as súas ordes, non dudou en dispararlle coa súa arma asta matalo. El cura desplomouse, sen vida, nel altar. Por este crimen trasladouse a parroquia a Boal e Prelo deixou de ser capital municipal.
Temos tamén os MOUROS e MOURAS, os ENCANTOS, os TRASNOS…

