#PararllesOsPés XI. El Principado intenta seguir usando el glotónimo «eonaviego» sen amparo legal

El Goberno del Principado busca convencer al Tribunal Superior de Xusticia del Principado de Asturias de que se somete al imperio da lei pero el feito real é que lo fai parcialmente e coa boca pequena.

Pra salirse coa súa lo que fexo foi reformar el Decreto 25/ 2024, de 15 de marzo, recurrido por Axuntar, nun movemento nel que non faltan detalles algo chafulleiros.

É evidente que a Consellería de Cultura e Política Lingüística se viu obrigada a esa reforma pola interposición da nosa demanda e -intentando deixar sen obxecto el procedimento e evitar que a xusticia se pronuncie- volveu a usar el Glotónimo gallego-asturiano, establecido hai casi 27 anos na Lei 1/1998, pero -sempre hai un pero- mantendo con carácter preferente el apelativo eonaviego e pedindo a inadmisión del noso recurso.

El caso é que a leí aprobada pola Xunta del Principado en 1998 deixou as cousas abondo craras, xa que el poder lexislativo asturiano decidiu un nome legal pra un dos idiomas propios de Asturias. Deste xeito remata el dito texto legal na súa Disposición Final:

Por tanto, ordeno a todos los ciudadanos a quienes sea de aplicación esta Ley coadyuven a su cumplimiento, así como a todos los Tribunales y Autoridades que la guarden y la hagan guardar.

Oviedo, a 23 de marzo de 1998.

SERGIO MARQUÉS FERNÁNDEZ

Presidente

É obvio que os esponsables de política lingüística non leron el acabo da norma e intentan abrir as portas pra un uso xeneralizado e arbitrario da denominación recurrida (eonaviego) e seguir fomentando el prexuício contra a mera mención da filiación idiomática del galego que falamos en Asturias. Tamén é obvio que deixan e deixarán de utilizar pola vía de feitos consumados el Glotónimo legal e por eso, mediante petición expresa na súa contestación al escrito de demanda, solicitan que a xusticia faiga decaer el recurso presentado por Axuntar e que nos condenen en costas.

Durante 40 anos el Glotónimo legal sempre apareceu nos papeles, pero fomentouse nos feitos aquel de fala. Agora, el trono ocúpanlo Llingua Eonaviega ou Eonaviego. Que máis lles dá a elos lo que poña ou deixe de poñer a lei…

El goberno del Principado sométese -ou fai que se somete- solo parcialmente á legalidade e por eso. non nos queda outra: mantemos el recurso e damos a palabra á Xusticia.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *