#PararllesOsPés X. El goberno asturiano rectifica

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deportes del Principado vese obrigada a rectificar el Decreto 25/24, de 15 de marzo, recurrido por Axuntar.

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deportes del Principado viuse obrigada a rectificar el Decreto 25/24, de 15 de marzo, recurrido por Axuntar. Este feito xa supón úa victoria da Asociación prá Normalización del Galego de Asturias porque é evidente que a rectificación se produce como CONSECUENCIA del procedimento contencioso-administrativo iniciado por AXUNTAR pra impugnar a redacción inicial.

A Consellería de Cultura, Política Lingüística e Deportes tuvo que ser apercibida de multa polo Tribunal Superior de Xusticia de Asturias pos tuvo que ser reiterado el requerimento de remisión del expediente, un dos trámites que se piden nel proceso xudicial aberto. Xa intuímos el posible motivo del retraso: tuveron que sacar tempo pra aprobar el novo Decreto 63/2024 de 27 de setembre de primeira modificación del Decreto 25/2024 (publicado nel BOPA del venres 11 de outubre).

Na nova redacción víronse obrigados a integrar nel texto el Glotónimogalego-asturiano“, que tanto queren fer desaparecer, pero nel novo regulamento alteran a orden a que vían fendo referencia de xeito que agora queda redactado “eonaviego ou gallego-asturiano“. Por suposto nel Preámbulo del novo decreto non se informa sobre a motivación desta rectificación.

El caso é que na nova redacción el goberno dá un paso atrás e intenta fer que fai úa volta al punto de partida.

…nas resoluciois e decretos del consello de goberno sempre se respetara el Glotónimo legal “galego-asturiano” establecido por Lei 1/1998, de 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano.

Como ben se sabe hai mui poucos anos que se vén promovendo institucionalmente a nova denominación -baleira filoloxicamente- de “eonaviego” e asta hai pouco tempo nas resoluciois e decretos del consello de goberno sempre se respectara el Glotónimo legal “galego-asturiano” establecido por Lei 1/1998, de 23 de marzo, de uso e promoción del bable/asturiano, aprobada pola Xunta Xeneral de Principado, sede del poder lexislativo da nosa Comunidade Autónoma.

Nel decreto recurrido, que determina a estrutura da consellería competente en temas lingūísticos, decidiron por primeira vez utilizar en exclusiva el Glotónimo eonaviego fendo desaparecer el legalmente establecido de “gallego-asturiano”.

Agora, despós da demanda interposta por Axuntar, recuperan a consabida parella “gallego-asturiano ou eonaviego” cúa pequena reviravolta (pasa a ser eonaviego ou galego-asturiano) que demostra as súas verdadeiras intenciois de crear instrumentos normativos que lles permitan non respectar a xerarquía normativa na concreción real das políticas lingúísticas e utilizar un Glotónimo non contemplado na lei vixente..

lo que desde Axuntar pedímos é que se fagan as cousas con xeito e con un respecto mínimo esixible ás coordenadas intelectuales de rigor científico que estos asuntos demandan.

Este volver atrás da Consellería non é polo tanto a victoria na luita contra el negacionismo lingüístico, inda que seña úa búa varuada e úa posta en cuestión da Conselleira de Cultura, Política Linguística e Deportes, Ana Vanesa Gutiérrez González, cousa que non nos alegra, porque lo que desde Axuntar pedímos é que se fagan as cousas con xeito e con un respecto mínimo esixible ás coordenadas intelectuales de rigor científico que estos asuntos demandan.

Este volver atrás na política linguística de Asturias é volver á política da confusión e del “todo revolto”; Este recular é seguir vendendo que en Asturias el asturiano é a única lingua propia de Asturias e el galego non lo é porque solo é úa modalidade lingüística tipo “champiñón”. Este paso atrás é volver al “ruque-ruque” de que lo que se fala nos concellos máis occidentales non se sabe inda qué idioma é ou pensar que a súa filiación ta en discusión.

Esta rectificación da Conselleira é un seguir dándolle al veo aos estudios sociolingüísticos negacionistas que preguntan a úa parte dos asturianos si se sinten asturianos abondo, lo suficiente como pra renunciar á dignidade idiomática del galego que falan.

Äs veces resulta dificil de entender el xeito de actuar de úa conselleira que non concede entrevistas e non escuita nin aos representantes de Axuntar nin a naide que non comulgue coas súas rodas de molín. Gustaríanos que ese comportamento mudase; ou é que hai asturianos e asturianas que non temos dereito a ser tidos en conta? Temos que pasar por el aro? Vender as certezas científicas, comunmente admitidas, por úas faragullas? En serio non sabe que en Asturias se fala galego en diecioito concellos?

Pediremos á XUSTICIA que el goberno respecte a xerarquía normativa

Seguimos coa demanda! Pediremos á XUSTICIA que el goberno respecte a xerarquía normativa e esperaremos, 1000 anos máis si fai falta, pra que políticos demócratas e respectuosos del saber científico traten aos ciudadaos como adultos e al galego que se fala en Asturias como lo que é: galego, un Patrimonio cultural mui valioso de todos e todas os asturianos e asturianas.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *