Palabra de xunio: rodalo

-Nel dicionario de Varela Aenlle:

rodalo, rodallo. s. m. Utensilio de madeira que serve para arrastrar as brasas do forno e remexer o pan para que non se xunte ao cocelo. Pode ser de ferro cunha chapiña rectangular na punta e na outra unha argola de ferro para poder agarralo ben, ou ben de madeira, e moito máis grande, composto por un pau que ten na punta unha pa redondeada por enriba e recta por baixo. Sinónimo: rodo.

-Nel dicionario da RAG a acepción é RODO ou TROLLOUtensilio formado por un mango que ten nun dos seus extremos unha táboa perpendicular en forma de semicírculo e que se utiliza para xuntar as brasas ou a cinsa no forno, o gran na eira etc. Quitou as brasas do forno cun rodo.


Úa curiosidade que nos conta Varela Aenlle nel sou dicionario: (El del) rodalo é un personaxe dos Reises * del Concello de Ibias, que leva unha careta feita dun fol ou un boto de mazar o leite, con cellas de la moura ou branca, bigote, patillas e axóuxeres das ovellas nos dous petos do fol. A roupa era unha colcha de tear á que se lle facía un furado para meter a cabeza, calzóns vellos e polainas de tiras de colcha. Cruzáballe o peito unha restra de millo sen paollas. E ademais levaba un rodalo do forno que usaba para apartar á xente e facerlle correr. Ás veces podía levar tamén chocas.

* OS REISES é úa mascarada de inverno con personaxes disfrazados que percorren as aldeas pedindo el aguinaldo. Fórmanse dous grupos, un máis rudo e estrafalario (As Tolas) integrado por personaxes como El Folecón, A Vasoira, El Rodalo e A Cardadoira. Disfrazados con máscaras de peles van siempre á cabeza da comparsa dando grandes saltos, axitando cencerros colgados á cintura e dando golpes pra asustar á xente. El segundo grupo, conocido como Os Da Roupa Boa, taba integrado por personaxes como El Valenciano, el Soldado, El Maragato e as súas respectivas «madamas». Estos limitábanse a cantar pra pedir el aguinaldo e a bailar.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.