
Na cantina de Castrillón onte falouse en galego. Nel galego de Navia de Suarna (Lugo), nel de Castroverde (Lugo), nel del Val de Xálima (Extremadura) e nel del Eo-Navia.
Pero, ademais de falar, el galego tamén tuvo presente na lectura de poemas:

Cone, Rafa e Trashorras leron os sonetos que deron pé a crear el colectivo literario «Os nabos de Gracián» -formado por Cone Juan Morado, Xesús Trashorras, Xesús Bermúdez Tellado, Edu Carreira, Sonia Melón, X. Manuel de Castro, Ánxela Gracián, Rafa Ramos e Toño Núñez- que explicaron por qué escolleron el nome de «Os ouriolos do estramonio» prá súa revista. Ese páxaro -ouriolo, papafigos ou vichelocrego (oropéndola en castelán)- representa a resistencia del mundo rural, das aldeas e da fala.

Nesa revista figuran textos nas variantes dialectales del galego del Val de Xálima, del Bierzo e de Asturias e tamén en galego normativo. Neste primeiro número sale úa receita de patacas con cimois de Quique Roxíos e xa adelantaron que el próximo número contará coa colaboración de Marta Ledo Jardón.

Esta non é a primeira colaboración e nel Concello de Boal e Eilao hai poemas de Toño Núñez e Xesús Trashorras en varios sitos, un delos na propia Cantina de Castrillón:

Tamén tuvo presente el galego en xogos con palabras esqueicidas –agora xa non!– que na cantina se guardan núa maleta:

Houbo máis cousas:
Regalos, porque Axuntar levou úa casía libreira que se colocará en breve nel lavadeiro de Castrillón pra que el noso territorio continúe a participar nel movemento internacional del «bookcrossing» -intercambio de libros- :

E tuvemos acompañados pola rica comida que fexo María e pola música de Luis que tocou -entre outras canciois- el vals de Taramundi:

Neste acto Moisés Cima Fernández leu el sou Poema «Berrar nel monte», publicado na Escolma de poemas e microrrelatos del Eo-Navia, (publicación subvencionada polo Ministerio de Cultura) e Mata Ledo Jardón leu: «Última chamada» (un Poema da súa autoría premiado en Poesía Anduriña Voandeira, 2025).
Pra rematar el acto entregáronse gratuitamente exemplares del Ferve que ferve. Receitario da cocía del Eo-Navia e firmamos adhesiois al proxecto «Senda del Navia» que Axuntar traduciu al galego.
