Comenzamos un novo ano pral noso calendario. Desta volta, virán á nosa web os ANIMALES ACUÁTICOS. E este primeiro é un moi especial, un animal que a muitos de nosoutros nos acompañou durante a nosa infancia porque… quen non colleu us contos cullaríos dúa poceira, guardoulos nun tarro de cristal e viu aparecer a maxia da natureza, a transformación tan especial que convirte un cullarín núa ra, a fascinante metamorfose?
CULLARÍN, CULLARÍOS: Cría da ra. Tamén chamado cullarapo e cullarapa.
Os anuros ou batracios comezan a súa vida como cullaríos. Al chegar á adultez, sofren úa transformación ou metamorfose, na que progresivamente van aparecendo as súas extremidades. De igual modo, a cola inicial desaparece por un fenómeno biolóxico chamado apoptose, descrito como destrución ou morte celular «programada» polo organismo.


