Neira Vilas, #diadasletrasgalegas2027

«O pobo que non ten unha cultura de seu acaba sendo parasito de culturas alleas».

Permítome hoxe escribir desde a primeira persoa porque tuven a gran sorte de conocer a Neira Vilas na súa casa de Gres, en Vila de Cruces. Fomos un par de anos antes de que falecera -creo recordar-, coel alumnado del instituto nel que traballaba por aquel entón. El recordo que teño é el de úa persoa amable, sorrinte, cariñoso e mui, mui, mui sabio. Coel alumnado comportouse como se fose el sou avolo e todos e todas sentíronse mui felices e pasaron un día mui guapo, tratándolo como se lo conocesen de toda a vida. Os adolescentes, xa se sabe, condo daquén los trata de maneira natural e cercana, son fáciles de conquistar. E Neira Vilas conquistoulos desde el primeiro momento. Xa taba maior daquela, pero a súa cabeza seguía lúcida e clara. Contoulles historias preciosas e recordos e tamén lles mostrou a súa casa natal e el sou pequeno museo (agora xa é muito máis grande).

Alégrame e paréceme úa marabillosa idea que por fin a RAG lle dedique as Letras Galegas deste ano 2027!

Sechu Sende escribe sobre a súa obra cume (Memorias dun neno labrego) estas preciosas palabras nel sou instagram (@sechusende):

"Neste momento de ascenso do fascismo, um pouco de luita de clases e a pedra de Balbino no ar podem ser mais contemporáneos do que muita gente pensa. 

A obra de Neira, a respeito da ecologia, a emigraçom, a defensa da terra, a língua, ou a deshumanizaçom das cidades, entre outras cousas, é atualíssima.

Há gente que continua a identificar aldeia com "atraso" e pensa que "Memorias" nom é "moderno" ou "atual" ou que a rapazada de hoje nom se vai "identificar" com um livro que tem um protagonista labrego. Mágoa. O problema é vosso.

A humanidade, o conflito, a explotaçom, o sufrimento, a empatia, o orgulho, a língua, a infáncia, entre outros, som contidos com os que as crianças de hoje em dia podem dialogar, aprender, construir, abrir-se ao mundo, se as persoas adultas nom as contaminamos com os nossos prejuiços sobre "a aldeia".

Neira Vilas dedicou el sou libro «A todos os nenos e nenas que falan galego».

Aquí podedes ler el libro MEMORIAS DUN NENO LABREGO, en pdf.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.