Subvención a Axuntar!

Mentras el Principado de Asturias nos denega úa subvención por «non corrección gramatical» (claro, non usamos a anormalidá da súa normativa ALLA, senón úa normativa máis próxima al tronco galego-portugués como corresponde á nosa lingua), el Ministerio de Cultura condécenos a subvención que pedimos dentro del Programa de animación a la lectura en el mundo rural coel noso proxecto: «PANQUEIXA. QUE OJALÁ FLOREZCA MIL PRIMAVERAS MÁS».

Aquí teis el noso proxecto completo, coel que conseguimos situarnos nel posto número 10 dun total de 22 proxectos aceptados na resolución definitiva (dun total de 36 admitidos e 67 presentados). Un proxecto del que toda Asturias se beneficiaría porque é a CULTURA a que sal beneficiada: lectura, libros, bibliotecas, «bookcrossing», escritura e creatividade florecen nel noso territorio e oxalá florezan mil primaveras máis, a pesar dos atrancos e impedimentos que a nosa propia comunidade nos pon.

Con esta subvención contamos fer e fixemos xa cousas como: un curso de escritura creativa on line; colocar carteles e casías lectoras en varios puntos da nosa Comunidade e fóra dela; organizar a nosa Biblioteca popular «Manolo Marinero» e comprar máis libros; acondicionar lavadeiros con poemas e casías lectoras de libros ceibes; «tunear» espacios en desuso e casetas abandonadas convertíndolas en espacios lectores; elaborar libros -en papel e traducidos a braille-, e audiolibros con poemas e microrrelatos de escritorxs del Eo-Navia; escribir frases de Acción poética e poemas en muros e camíos…

Seguimos!!!

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Resumen de privacidá

Esta web utiliza cookies pra que podamos ofrecerche a millor experiencia de usuario posible. A información das cookies  queda guardada nel tou navegador e realiza funciois de xeito que permiten reconocerte condo volves a nosa web e axudar al noso equipo a comprender qué seciois da web atopas máis interesantes ou útiles.