Con gran éxito de público, el acto cultural da Veiga é a segunda presentación que esta asociación asturiana fai da súa primeira publicación.
Queremos manifestar el noso agradecemento polas palabras de ánimo e alegría que nos fixeron chegar muitos d@s participantes al acto cultural que, con razón da presentación del “Informe sobre a lingua del Eo-Navia. Sen fronteiras, galego de Asturias” organizamos na Sala de Exposiciois da Casa da Cultura da Veiga
Agradecidos tamén pola decisión manifestada por algús dos participantes de incorporarse como socios/as de Axuntar e colaborar deste xeito en conseguir que esta nosa voz, firme pero sosegada sía úa voz que se escuite en Asturias. Solo coel apoio da sociedá civil lo poderemos conseguir
As nosas posiciois tán baseadas nel rigor científico e coa determinación de buscar consensos que acaben con prexuícios que nos esclavizan
Inda que somos realistas e sabemos dos importantes atrancos e dificultades que existen nel camín, confiamos que a sociedá eonaviega e asturiana sepan ver nel respeto da diversidade e na garantía dos dereitos lingüísticos parte dos principios que sostein a democracia e el progreso, tal e como establece a Carta Europea de Linguas Rexionales ou Minoritarias.
Seguimos pralante, convencidos de que a forza da razón rematará ganándolle a partida á razón da forza e que desfaragullaremos os preconceitos e prexuicios que xa é tempo de desterrar das nosas vidas; porque é tempo de que el patrimonio de ter un idioma que herdamos dos nosos antepasados, úa fala que pertenece a un dos dominios lingüísticos máis importantes del planeta, el galegoportugués, será por fin posto en valor coa conseguinte dignificación idiomática del galego que se fala en Asturias e el tratamento respetuoso aos sous falantes.