A palabra del mes

Comenzamos un novo apartado na nosa web neste ano 2023: úa palabra que nos gusta -ou que pode desaparecer porque caeu en desuso-, que cada mes subiremos a este apartado, acompañadas todas da súa definición, dalgúa curiosidá, de refrais, adivías e todo lo que atopemos relacionado con elas.

Xeneiro: PANQUEIXA

Imaxe de Pixabay

A panqueixa (Primula acaulis, sinónimo Primula vulgaris) é úa especie de planta da familia das primuláceas, de flores amarelas e brancas. É común nos valados, fragas e en xeral en lugares frescos e sombrizos, cerca dos ríos.

Tamén recibe os nomes dialectales de cáncere, cancro, panqueixo, cáncaro e primavera. É úa das primeiras flores que aparece en Europa, de aí el nome inglés de primrose -que vén del francés antiguo primerose- e estos á súa vez vein del latín medieval PRIMA ROSA.

El nome xenérico de prímula deriva del étimo latino PRIMUS ou PRIMULUS que significa “primeiro” en referencia á súa floración precoz. De feito, aparece nel mes de xeneiro ou febreiro, condo a naturaleza inda durme.

Dícese que tal vez el nome de panqueixa vén dos sous colores branco e amarelo, relacionándolos cos colores del pan e del queixo.

Comparte

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *